![]() |
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS Ver documento adxunto |
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS - CURSO ESCOLAR 2012-2013
I CONCURSO DE PUBLICIDADE CREATIVA
Os alumnos da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, participan no I Concurso de Publicidade Creativa organizado polo departamento de Economía do IES O Mosteirón. Haberá dous premios, un para os alumnos de cuarto e outro para os alumnos de terceiro. O premio acadarase polo maior número de "me gusta" que consiga o mesmo no facebook do instituto. Animádevos a participar!
No grupo de cuarto, estes son os anuncios propostos:
| Tania Piñeiro | WILKINSON |
| Sergio Pose | CC LEMON |
| Cristina García | COCA-COLA |
| Miguel Suárez | FUNERARIA VASCONGADA |
| Ismael Barreiro | |
| Thiago Pereira | SEARA |
| Aitor Dorado | PEPSI |
| Adán Méndez | CALSBERG |
| Eduardo Núñez | TOYOTA |
| Elena Rodríguez | AZUCARITO PEDRO |
| Anna Illanes | FANTA POMELO |
O TAMAÑO DA TERRA NA SOMBRA DUNHA VASOIRA
![]() |
O alumnado de 2º da ESO asistiu o martes a unha charla no noso instituto organizada polo Departamento de Matemáticas e impartida por Beatriz Gómez Arribas, técnica de investigación do INCIPIT e especialista en arqueoloxía; e César González García, investigador de astronomía na cultura e arqueoastronomía. Estes encontros científicos entre persoal investigador do CSIC-Galicia e alumnado de secundaria están integrados dentro de Exper-i-ciencia CSIC 2012, proxecto de colaboración entre a Delegación Galega do CSIC e a Fundación Barrié.
|
ENTREGA DE PREMIOS CERTAME LITERARIO LUISA VILLALTA
AVISO DE DATA EXAMEN DE PENDIENTES DE HISTORIA DE PRIMEIRO DE BACHARELATO
O luns 14 de maio quedan convocados os alumnos de segundo de bacharelato que teñen pendente a materia de inglés de primeiro de bacharelato para facer o exame correspondente.
Asemade, o luns 21 de maio quedan convocados os alumnos de segundo de bacharelato que teñen pendente a materia de Historia do mundo contemporáneo de primeiro de bacharelato. O examen comenzará as 15:20 na aula de segundo de ESO-B.
VISITA AO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
O martes 8 de maio, os alumnos de terceiro de ESO fixeron unha visita ao Instituto Galego de Estatística.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da mesma.
AS CURTAS DE ÉDELINGUA VOLTAN A SER RECOÑECIDAS
Dúas curtametraxes producidas por Édelingua, Na oficina de obxectos perdidos e As mazás casamenteiras, foron seleccionadas para se proxectaren na I Mostra de Cine Xuvenil que se desenvolve ao abeiro do Festival Primavera do Cine en Vigo. O acto central da Mostra terá lugar o día 25 de maio no Auditorio do Centro Cívico de Teis, na cidade olívica.
CERTAME DE POESÍA LUISA VILLALTA: TAMARA PAREDES, GAÑADORA
![]() |
Por terceiro ano consecutivo, a nosa alumna de 2º de bacharelato, Tamara Paredes Gestal, gaña o Certame de poesía Luísa Villalta, organizado polo instituto Isaac Díaz Pardo, onde a recordada poeta era profesora.
É para nós unha grande satisfacción ver que dende hai catro anos, alumnado do IES O Mosteirón acada os primeiros postos neste importante certame, tanto na modalidade de poesía como na de relato curto.
A entrega de premios será o venres 11 ás 12,30 da mañá en Sada, na Casa da Cultura "Pintor Lloréns", e alí descubriremos se Tamara é premiada co primeiro ou co segundo posto. De calquera xeito, Tamara xa é unha campiona para nós e ofrecémoslle a nosa máis calorosa felicitación.
PARABÉNS!
|






