Probas de nivel lingüístico

13/12/2021 14:32
Europe/Madrid

As Probas de Acreditación de Lingua Inglesa (Trinity College London) celebraranse os días 15 e 17 de decembro de 2021.

A proba oral, terá lugar o 15 de decembro no IES Isaac Díaz Pardo na aula de usos múltiples. O alumnado ten que estar no centro ás 15:00h.

O alumnado usuario de comedor escolar comerá ás 13:15h e, posteriormente, desprazarase ao IES Issac Diaz Pardo en transporte, acompañado por profesorado do departamento de Inglés e pola directora do IES O Mosteirón. O alumnado que non é usuario de comedor escolar debe ser trasladado ao IES Isaac Díaz Pardo pola súa familia.

As Probas de speaking e listening terán lugar o venres 17 de decembro, nas sala de reunión de pais/nais do IES O Mosteirón. Cada alumno/a ten xaa súa convocatoria por escrito do día e a hora que lle corresponde examinarse.

 

A Consellería financia a totalidade das probas de lingua inglesa que foron solicitadas polo centro. 

 

Lembrade traer a memoria USB cos vosos datos completados e o topic preparado para o oral. Tedes que presentar o DNI en cada unha das probas.

Candidaturas do sector de pais/nais/titores legais ás eleccións ao CE

18/11/2021 16:30
Europe/Madrid

-Luisa Mª Vázquez Seoane.

-Mª Sonia Presa Barros.

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

15/11/2021 16:13
Europe/Madrid

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.

 

Alumnado destinatario:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Solicitudes (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):

  • Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
  • Prazo:

1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.


2. Para o alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é dicir, (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula.


3. As solicitudes de máscaras para o alumnado indicado no apartado anterior que se incorporen ao centro despois do 31 de marzo de 2022 (prazo límite de solicitude de libros e material), poderán tramitarse ata a finalización do curso escolar.

 

Menú comedor escolar novembro 2021

05/11/2021 12:01
Africa/Addis Ababa

Eleccións CE: Calendario e convocatorias.

03/11/2021 17:36
Africa/Addis Ababa

Publícase o calendario das eleccións ao Consello Escolar así como as convocatorias dos sectores a renovar.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 21-22: Elección de membros da Xunta Electoral.

22/10/2021 14:20
Africa/Addis Ababa

De conformidade co establecido na resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación e Formación profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG do 29/9), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do CE estará a cargo da Xunta electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

-Directora.

-Profesor/a.

-Pai, nai ou titor legal.

-Un alumno/a.

-Un representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo estableca o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 25 de outubro, ás 12:10horas.

Menú outubro 2021

04/10/2021 17:40
Africa/Addis Ababa

PRESENTACIÓN INICIO DE CURSO / RECOLLIDA LIBROS TEXTO E VALE DE MATERIAL DO FONDO-XUNTA

17/09/2021 15:12
Europe/Madrid

 

Importante: Os libros de texto do FONDO SOLIDARIO DA XUNTA e os VALES DE MATERIAL serán entregados á persoa solicitante (ou persoa autorizada por escrito), unha vez rematada a reunión cos titores.

Menú setembro 2021

15/09/2021 18:17
Africa/Addis Ababa

 

 

CONVOCATORIA BECAS NEAE

14/09/2021 09:30
Africa/Addis Ababa

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO, CONVOCADAS POLO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL.

O PERÍODO HÁBIL PARA SOLICITALAS É ATA O DÍA 30 DO MES DE SETEMBRO DE 2021.

AS PERSOAS INTERESADAS DEBEN PRESENTAR A SOLICITUDE NA SECRETARÍA DO CENTRO ANTES DESA DATA.

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:  BECAS NEAE

 

Distribuir contido