Calendario Eleccións Consello Escolar 2022

24/10/2022 21:00
Europe/Madrid

Boa tarde,

Adxunto o calendario das eleccións do Consello Escolar 2022.

Saúdos,

O Director.

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR SORTEO

18/10/2022 15:37
Europe/Madrid

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 30/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
O Director do Centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un alumno ou alumna, un representante do persoal de administración e servizos.
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril.
Dito sorteo, que será público, celebrarase neste centro o venres 28 de outubro ás 12:10h.
O Director.

AMPLIACIÓN AXUDA 25€ VALES MATERIAL

17/10/2022 10:29
Europe/Madrid

Bo día,
Aquelas familias que lles concederon a axuda de 50€ dos vales de material, teñen dereito a recoller no centro a partir de hoxe a ampliación de 25€ de axuda de material.
Poden recoller estes vales en Administración.
Un saúdo,
O Director.

PLAN DIXITAL IES O MOSTEIRÓN

29/09/2022 19:20
Europe/Madrid

Poñemos á disposición da Comunidade Educativa o Plan Dixital do IES O Mosteirón. 

REUNIÓN NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS

08/09/2022 17:43
Europe/Madrid

Boa tarde,

Informamos da vindeira reunión para nais, país e titores legais co profesorado titor que lles corresponde nas súas respectivas aulas.

DATA DA REUNIÓN: LUNS 12 ÁS 18h.

1° ESO: FONDO LIBROS MATEMÁTICAS E BIOLOXÍA

23/09/2022 14:49
Europe/Madrid

Bo día,
Xa temos preparados para entregar os libros de Matemáticas e Bioloxía de 1º ESO para quen lles corresponde en función do Fondo de Libros. Entregaranse o luns 26 de setembro de 9:30h a 14h en Administración (Yolanda).
Un saúdo, boa finde.
O Director.

INICIO DE CURSO 22-23

30/08/2022 10:30
Europe/Madrid

INICIO DE CURSO 22-23

Presentación escalonada

 CURSO DATA HORA
 1º ESO
 Xoves 8 de setembro  12:00h
 1º, 2º, 3º e 4º ESO  Venres 9 de setembro  08:30h
     

-Haberá servizo de comedor e transporte. O percorrido do transporte escolar comeza media hora antes do inicio da presentación

-Recordade que este curso escolar, por mor da volta á normalidade pospandemia, volvemos ao horario antigo. O servizo do comedor realízase nunha soa quenda e o transporte do alumnado do IES O Mosteirón sairá as 14:45h todos os días, agás o luns que sairá as 17:00h.

-O alumnado traerá unha libreta e un bolígrafo para a presentación.

 

PROTOCOLO COVID VERSIÓN 20/05/2022

16/08/2022 12:18
Europe/Madrid

O protocolo Covid 19 en vigor dende o 20 de maio do 2022 (arquivo adxunto).

Lémbrase que o uso da máscara é obrigatoria no servizo de transporte escolar.

Para os usuarios do comedor infórmase que neste curso académico 2022/23 os alumnos seguirán a ocupar postos fixos e os agrupamentos serán dun máximo de 3 usuarios por mesa na ESO (ANEXO I do citado protocolo Covid, Escenario 5 de comedores escolares) e en agrupamentos de Grupos de Convivencia Estable no CEIP (Escenario 1 do citado ANEXO I).

De producirse máis novidades ao respecto publicarase na web e comunicarase á Comunidade Educativa polos medios que corresponden.

 

CONTACTO CO INSTITUTO DURANTE PECHE MES DE AGOSTO

05/08/2022
Europe/Madrid

Lembrade que durante o peche das instalacións durante o mes de agosto seguimos atendendo á Comunidade Educativa por email ao ies.mosteiron@edu.xunta.gal e por teléfono 881880949.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23

12/07/2022 13:14
Europe/Madrid

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023.

Nos ficheiros relacionados a continuación poden consultar os libros de texto que se empregarán en cada materia no vindeiro curso. 

 

Importante!!! Non mercar axenda escolar xa que o alumnado recibirá unha ao comezo do curso. 

Distribuir contido