USUARIOS TRANSPORTE ESCOLAR 2022/23

05/07/2022
Europe/Madrid

Informamos que voltamos aos horarios de transporte escolar anteriores á pandemia pola COVID-19.

As chegadas ao instituto mantéñense da mesma forma ás 8:20h, mais as saídas agora son ás 14:45h tralo turno de comedor escolar.

Lembrade que os luns ao haber clases no turno de tarde, a saída do transporte escolar realizarase ás 17h de forma conxunta.

Mantéñense as 3 liñas de transporte sen variacións nas paradas.

Feliz verán 2022.

Equipo Directivo.

COMEDOR ESCOLAR 22/23

29/06/2022 13:51
Europe/Madrid

PUBLICADAS AS INSTRUCCIÓNS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

 

Para facer uso do comedor escolar durante o vindeiro curso 22-23, deberase entregar o ANEXO II debidamente cumprimentado na secretaría do IES O Mosteirón antes do 24 de xullo de 2022.

 

Solicitude de colaboración no comedor escolar: Entregar na secretaría do IES O Mosteirón xunto coa acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais. PRAZO ata o 7 de setembro de 2022.

 

Datas de devolución dos libros de texto de prestamo do curso 21-22.

15/06/2022 12:17
Europe/Madrid
  21/06  
      1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h     
22/06  3º e 4º da ESO de 16:30h a 18:30h

Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou persoa maior de idade autorizada.

 

CONVOCATORIA BECAS NEAE

22/05/2022 14:24
Europe/Madrid

Aberto o prazo para solicitar Becas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

As persoas interesadas deben presentar a solicitude na secretraría do centro. Máis información no seguinte enlace:  BECAS NEAE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23.

19/05/2022 20:29
Europe/Madrid

Prazo de presentación de solicitudes: Do 19 de maio de 2022 ao 22 de xuño de 2022 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (previa cita) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Non será recollida ningunha solicitude presentada presencialmente sen cita previa

CITA PPREVIA NO TLF: 881880949

SAÍDA SANTIAGO-MARÍN

10/05/2022 21:58
Europe/Madrid

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2023-2024

17/05/2023 16:54
Europe/Madrid

TODAS AS  SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

CONCRECIÓN CURRICULAR DO IES O MOSTEIRÓN, 2021/22

22/04/2022 12:22
Europe/Madrid

Concreción curricular do centro, aprobada de acordo coa normativa vixente, en consonacia coa ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, aprobada polo claustro do profesorado o 16 de marzo de 2022 e informado o consello escolar o 20 de abril de 2022. 

Trátase dos criterios de promoción, titulación e obtención de matrícula de honra para a ESO.

Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023

01/04/2022 13:16
Europe/Madrid

TODAS AS  SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.

Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

Distribuir contido