Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do Sars-CoV-2 na etapa de transición no ámbito educativo.
A Xunta acaba de publicar a nova estratexia e control da SARS-COV-2 na etapa de transición en Galicia. Toda a información no Anexo que se adxunta.
Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación:Recomendación uso de máscaras nos patios dos centros educativos.
O submité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola Covid-19, vén de acordar na súa xuntanza , deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023
Proceso de admisión de alumnado de centros non adscritos para o curso 2022-2023
A solicitude será única e poderase presentar:
- preferentemente de forma electrónica
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- de xeito presencial na secretaría do IES
SOLICITUDE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS: ANEXO II (arquivo adxunto)
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
- Do 1 ao 21 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:00h e con cita previa)
- Do 1 ao 21 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.
As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado(empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
Reserva de prazas de alumnado centro adscrito. CURSO 22-23
O número de postos escolares vacantes no centro de adscrición son suficientes para satisfacer a demanda de prazas existente para o vindeiro curso 22-23.
Pódese consultar a listaxe definitiva de reserva de praza de alumnado procedentes de centros adscritos para o vindeiro curso 22-23 no taboleiro de anuncios do IES O Mosteirón.
¿Quere coñecer o noso centro?
O próximo 1 de marzo abre o prazo de solicitude de admisión para alumnado de centros non adscritos.
QUERES COÑECER O NOSO CENTRO????
Podes visitalo entre o 21 de febreiro e o 21de marzo
Solicitude de cita previa a través do noso teléfono ou do noso correo electrónico:
881880949
ies.mosteiron@edu.xunta.gal
COÑECE O NOSO CENTRO
Xa está aberto o prazo do procedemento de admisión en centros educativos, polo que animamos ás familias a visitar o noso centro solicitando cita previa no teléfono 881880949.
Protocolo Covid-19. Versión6: 14/01/2022
Protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (COVID-19) no ámbito educativo non universitario de Galicia.
Este protocolo engade novidades ao Protocolo Covid-19.1ª versión curso 21-22 do IES O Mosteirón.
Engádese, asemade, un documento con preguntas frecuentes e as súas respostas.
Cartel colaboración AACCEE CONCELLO DE SADA. CURSO 21-22
NOVOS PROTOCOLOS DE XESTIÓN EPIDEMIOLÓXICA EN CENTROS.
Novos protocolos de xetión epidemiolóxica en centros educativos, publicados polo Ministerio de Sanidade.
Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:
- As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado ese tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio di illamento.
- Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require proba algunha para a reincorporación ao centro.
- Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.
- A definición de contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).
- O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos que teña a consideración de contacto estreito, seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.
- Ante a agrupación de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »