Excursións

Coñecer a nosa historia para entendérmonos mellor

23-24 Visita a Lugo (14-05-24)

Hoxe, 14 de maio, coñecemos un pouco mellor Lugo para coñecérmonos máis a nós mesmos. As rúas e prazas da cidade milenaria, a muralla romana e os seus museos e centros de interpretación desvelaron algúns dos seus segredos para o alumnado de 2° ESO e de Latín de 4° ESO nunha saída didáctica organizada polos Departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Castelá e Lingua Galega.

Os estudantes visitaron a Sala de Exposicións Porta Miñá, o Espazo Sub Terra Aquae e o Centro Arqueolóxico San Roque da man do persosl do Concello. Logo, no Museo Provincial, e a partir dos relatos de Carlos Negro, Andrea Maceiras, Anxo Fariña e Ledicia Costas lidos previamente nas aulas, completaron un xogo de pistas que os levou a coñecer pezas e cadros de diferentes épocas: o carneiro alado de ouro e torque de Burela, os cadros de Fernández Montenegro, mosaicos, moedas, estelas e xogos romanos, a "Mariscala" que encadeou a Pardo de Cela... 

Despois de comer a cuberto no Mercado Municipal, o alumnado dividiuse en grupos para seguir as pistas da aplicación do Lugo romano desenvolvida polo Colexio Galén. Finalmente, un breve paseo pola Muralla despediunos de Lugo ata unha próxima ocasión. 

Viaxe de fin de etapa da ESO

Este pasado martes tivo lugar a reunión coas familias para dar a coñecer e ultimar os detalles finais da viaxe de fin de etapa da ESO. Agradecemos a colaboración das familias e a organización por parte do grupo de profesoras implicadas na actividade, comezando por Ana, a responsable de Actividades Extraescolares e Complementares.

París agarda polo alumnado de 4º ESO entre o 31 de marzo e o 4 de abril. Xa falta menos!!!

Na frente unha estrela, no bico un cantar

Roteiro Rosalía 23-24

De museos por Madrid

O alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º ESO desprazouse ata Madrid o pasado martes 21 de novembro cos seus profesores Jano e Rosario. 

O grupo visitou as coleccións permanentes do Museo do Prado e do Museo Thyssen-Bornemisza, onde tamén coñeceron a mostra Picasso, lo sagrado y lo profano, que reúne un total de 38 obras, 22 delas do artista malagueño, procedentes tanto dos fondos propios da pinacoteca como de préstamos do Musée National Picasso-Paris e doutros coleccionistas, que se unen a outras pezas do Greco, Rubens, Zurbarán, Van der Hamen, Delacroix, unha escultura de Pedro de Mena e algúns gravados de Goya. 

Ademais, houbo ocasión para coñecer o centro da cidade  e tamén houbo oportunidade para gozar do tempo de lecer e convivencia en grupo. 

Foi unha xornada intensa que requiriu madrugón e rematou xa ben entrada a noite, mais pagou moito a pena.

 

Na Estrada para o Porto

"Na Estrada para o Porto" é a crónica en imaxes da excursión que o alumnado de portugués fixo en abril á cidade invicta. Tamén é unha humilde guía de viaxe que queren compartir con tod@s vós. Para o ano, máis.

Fiquem à vontade!

Un día no Aquapark

O pasado martes o alumnado de 3º ESO gozou do merecido premio do Concurso do Entroido 2023. Acompañados polas profesoras Ana e Carmen, pasaron o día no Aquapark de Cerceda.

Se queredes lembrar como foi o entroido deste ano, podedes ver a crónica en imaxes.

Visita ao CIQUS e ao CESGA

O alumnado do itinerario científico e tecnolóxico de 3° e 4° ESO achegouse na mañá do pasado venres 12 a Santiago de Compostela para coñecer as instalacións, os recursos os proxectos que se desenvolven no CiQUS, o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade. Ademais, visitaron o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), onde coñeceron o ordenador cuántico máis potente do Estado e un dos primeiros de Europa. 

Andaina da Rapa das Bestas

22-23 Excursión a Rapa

 

...rinchan as bestas ceibes nos outeiros de lonxe...

O pasado martes o alumnado e o profesorado do IES Nº 1 seguiron a ruta que fan as greas das bestas de Sabucedo dende que son reunidas no Chan das Lamas (Montillón) ata o curro da aldea pasando polo Peón e O Castelo.

Homes e sombras que regresan
corren as greas contra o circuíto final das certidumes

Ibán, voluntario da Asociación Rapa das Bestas, guiounos na ruta e axudounos a interpretar o hábitat da maior poboación de cabalos que viven en liberdade de toda Europa, así como a reflexionar e comprender que a protección deste ecosistema é fundamental para manter viva unha tradición milenaria que a día de hoxe, sorprendentemente, aínda non foi recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC). 

Ademais de cruzármonos con varias greas e co gando vacún e de admirar a biodiversidade destes montes, que ten na besta un gran aliado, coñecemos a escavación arqueolóxica de mámoas que se leva a cabo nesta ruta.

Finalmente, xa no curro do Campo do Medio, admiramos as bestas de preto e alí, outro membro da Asociación, Iván Sanmartín, explicounos o perigo que supoñen os proxectos de instalación de ata 4 parques eólicos na contorna de Sabucedo, que ameazan este patrimonio que é de todas e de todos. 

Visita ao Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las e ruta de senderismo no Río Barbantiño

O pasado 4 de outubro o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída para coñecer o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e realizar unha ruta de senderismo polas beiras do río Barbantiño en Punxín.

No Castro de San Cibrao, grazas á atención e ao saber facer dos monitores do propio Parque, coñeceron algo máis sobre a forma de vida, os costumes e outras peculiaridades da cultura castrexa. Tamén fixeron os seus piniños na arqueoloxía cun pequeno obradoiro onde aprenderon a desenterrar e catalogar restos arqueolóxicos.

Despois da visita ao Parque, realizaron unha ruta de senderismo de 7 km. polas beiras do río Barbantiño, en Punxín, ata a Fervenza do Río Barbantiño

Foi unha xornada moi agradable de cultura, educación e lecer, tanto para o alumnado como para o profesorado acompañante.

Estas 2 actividades foron realizadas polos departamentos de Dinamización Lingüística, Educación Física, Educación Plástica, Paisaxe e Sustentabilidade e Xeografía e Historia dentro da programación interdisciplinar do PROXECTOTERRA no que participa o IES Nº 1 un ano mais.

Intercambio Courel - Canón do Sil

 O 28 e 29 de abril o alumnado de 2º de ESO participou no INTERCAMBIO COUREL-CAÑÓN DO SIL dentro das actividades complementarias da materia de Paisaxe e Sustentabilidade, grazas ao patrocinio do PROXECTO TERRA, co que colaboramos.

O xoves 28 visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga, e xa á tardiña fixemos o roteiro cara á Lagoa de Lucenza - Fervenza de Vieiros.

O venres 29 disfrutamos dunha visita guiada ao Mirador de Campodola e á Alvariza da Granxa en Santa Eufemia e achegámonos ata a falla de Santa Eufemia, singular punto de interese do Xeoparque.

Pola tarde, dirixímonos á Ribeira Sacra, ao embarcadoiro de Doade, para percorrer o Canón do Sil en catamarán.

 Unha excursión estupenda que o alumnado disfrutou!!!

Agradecemos especialmente o labor de Guillermo e Iván, os dous magníficos guías de COUROLEANDO. Con eles aprendimos as singularidades do noso territorio, disfrutamos desa contorna con magníficas paisaxes e pasamos uns agradables momentos, combinando o lecer coa aprendizaxe.

 

21-22 Excursión de 2° a Courel - Ribeira Sacra

Disfrutando o premio do Entroido en Novajump

21-22 novajump

2011-12 Excursión á Neve

11-12 neve 2

 

11-12 neve

2014-15 Excursión de 1º a Santiago

14-15 excursion a santiago 1

2012-13 Excursión a París

13-14 excursion PARIS

2013-14 Excursion museo pobo

Excursion de 1º ESO ao Museo do Pobo Galego. Santiago. 8/4/2014

 

13-14 Excursion museo pobo

2013-14 Excursión de 4º

Abril, 2014 . Excursión a Zaragoza, Barcelona, Port Aventura e Delta do Ebro

 

 

13-14 Excursion de 4

2012-13 Excursión do PCPI

12-13 excursion pcpi

2012-13 Excursion de 1º a Santiago

Visita e ofrenda no Panteón de Galegos Ilustres, Catedral e tellados, Museo do Pobo Galeto. 23 de abril, 2013 . Día do libro

 

&nbs12-13 Excursion de 1º a Santiago

p;

2012-13 Excursión de 4º

12-13 Excursion 4

2011-12 Excursión a Paris

11-12 excursion a paris

2011-12 Excursión de 4º ESO

11-12 Excursion 4º

2011-12 Excursión pola contorna da Estrada

Xuño, 2012 excursión do proxecto interdisciplinar. 1º eso. a Lagoa Sacra, Olives, Codeseda, Sabucedo, Concello da Estrada

 

11-12 excur prox interdis

2001-02 Excursión ao Parque Natural de Somiedo

01-02 excursion a Somiedo

2017-18 EXCURSIÓN DE 4º ESO A BRUSELAS

bruselas

2018-19 ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

O venres 21 de xuño, como remate do curso escolar 2018-19 o departamento de Paisaxe, organizou, para o alumnado e profesorado do IES Nº 1, unha RUTA DE SENDERISMO entre o Muíño do Salgueiro (Pina) e Paradela (campo da festa) pola beira do río Liñares. Ao remate desta pequena e cómoda ruta de 3'5 km (adaptada en 2'5 km. para persoas con mobilidade reducida), os membros do CLUB DE LECTURA achegaronse  ata o Recreo Cultural para realizar a súa última actividade, pegarse un chapuzón na piscina e comer todos xuntos. O resto do alumnado tivo no Coto salmonero de Ximonde unha actividade lúdica para tomar o merecido bocata e, grazas á colaboración do Concello da Estrada ( #TurismoAEstrada ), realizar unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS INTERNACIONAIS.

 

IES Nº 1 da Estrada

Distribuir contido