Antón Fraguas

Como ben afirmou Antón Fraguas: “-Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra”.

Pois iso mesmo é o que pretendemos dende o IES Pedregal de Irimia co noso alumnado , que sexan amantes da nosa terra e da nosa cultura. Que, como fixo Antón Fraguas, nunca perdan as súas raíces “da aldea”. Que non  muden nin polas  situacións persoais nin polas situacións profesionais e que, así,  manteñan viva a identidade da que tanto nos falou Castelao.

Con este fin levamos a cabo unha  actividade arredor da figura de Antón Fraguas, homenaxeado deste ano no día das nosas letras. 

Grazas ao alumnado polo seu interese e bo facer!