Concurso oral Tíralle da Lingua 2019

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), celebrouse no Pazo de Feiras e Congresos de Santiago de Compostela o XVIII Concurso de relato oral "Tíralle da Lingua" ao que tamén acudiu alumnado do IES Pedregal de Irimia. O resultado foi moi positivo xa que alumnos de 1º de BAC acadaron o segundo premio na súa categoría.