AULA 1º ESO. Adicada ás Mulleres da nosa Comunidade Educativa

Seguindo coa comenmoración do 8M, a aula de 1º ESO a partir de hoxe, está dedicada Ás Mulleres da nosa Comunidade Educativa. Nais, avoas, tías, profesoras, persoal non docente feminino...que traballaron e traballan sen descanso para que o alumnado do IES Pedregal de Irimia se formara e se siga formando como persoas de ben.

Mención especial merece Mercedes García López, Merche, nai de Zoe e Gael e membro do Consello Escolar, pola súa implicación na vida educativa do centro ata o seu prematuro falecemento. 

PREME NA IMAXE