Libros de texto

Relación de LIBROS de TEXTO para o vindeiro curso 2021-2022

Dacordo coa ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar o alumnado matriculado na  ESO (1º, 2º, 3º e 4º) ao estar incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Con todo, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar por un importe de 50 € cando a declaración da renda do exercicio 2019 con renda per cápita familiar sexa igual ou inferior a 6.000 €. 

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou presencialmente no centro                                   

Prazo: ata o día 22 de xuño de 2021.

 

PREME sobre a imaxe para acceder á información sobre préstamo de libros de texto das materias que non participan en E-dixgal.

Ábrese o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta para alumnado de ESO
Prazo: 20 maio ata o 19 de xuño


NORMATIVAORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21
 
As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ( https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B ), ou ben presencialmente nos propios centros docentes entregando os ANEXOS I e II e documentación complementaria.
-       Acceso ao ANEXO I e ANEXO II
-       Documentación a presentar

Relación de Libros de Texto para o vindeiro curso 2019-2020.

Distribuir contido