Skip to Content

AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

A listaxe provisional de admitidos no fondo de libros para o vindeiro curso 2022-2023 pódese consultar no taboleiro do centro. Igualmente poderedes chamar ao centro (881880775) e preguntar se os vosos fillos/as teñen dereito á axuda.  O prazo de reclamación remata este venres 15 de  xullo. 

A listaxe definitiva publicarase o 19 de xullo. A partir dese día, 19 de xullo, estarán dispoñibles tamén na secretaría do centro os cheques de 50€ para material escolar do alumnado admitido nas axudas. Poderedes pasar a recollelos de 9:00 a 13:00 horas ata o 30 de xullo. 

 

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA 2022-2023

A ENTREGA DE NOTAS do curso 2021-2022 terá lugar o vindeiro LUNS 27 DE XUÑO ás 13.00 horas (Importante: non haberá servizo de transporte escolar). 

O período de MATRÍCULA para o vindeiro curso 2022-2023 comezará o 28 DE XUÑO e rematará o 8 DE XULLO, en horario de 9.00 a 13.00 horas. 

 A documentación necesaria para matricularse nos diferentes cursos será a seguinte: 

DOCUMENTACIÓN

AdxuntoTamaño
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 22-23.odt7.63 KB

Convocatoria de prazas en residencias de estudantes

Saíu publicada a orde pola que se convocan as prazas para as residencias de estudantes. (Ligazón).

O prazo de presentación de solicitudes será:

- Para os alumnos de bacharelato exténdese ata o 11 de xullo.

- Para os alumnos de formación profesional ata o 1 de agosto.

Se o precisades, podedes consultar a páxina do Centro Residencial de A Coruña.

FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O 18 de maio saíu publicada no DOG a orde do 29 de abril de 2022, para participar na solicitude de libros de texto e axudas para material no vindeiro curso 2022-2023.

Todo o alumnado que vaia facer algún curso da ESO pode  presentar a solicitude no propio centro educativo onde vai cursar os estudos ou ben pola sede electrónica da Xunta de Galicia. 

IMPORTANTE: O prazo de solicitudes comeza o día 19 de maio e remata o 22 de xuño de 2022. O alumnado que non presente  a solicitude no prazo establecido será excluído do préstamo de libros. 

Nos seguintes enlaces atoparedes toda a información necesaria: 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS

Anexo I e II

 Páxina da Xunta de Galicia 

Solicitude pola Sede Electrónica 

 

AdxuntoTamaño
CIRCULAR FONDO LIBROS (1).pdf217.88 KB
Anexos fondo libros 2022-23.pdf278.75 KB

FESTIVAL LETRAS GALEGAS IES RAMÓN CAAMAÑO 2022

Mañá venres 13 de maio, a partires das 11:20 celebraremos as Letras Galegas 2022 adicadas a Florencio Delgado Gurriarán no Salón do  voluntariado de Muxía con actuacións de teatro e proxección de creacións audivisuais por parte do alumnado. Organizan Departamento de Dinamización Lingüística e Cultura Clásica, e colabora o Departamento de artes Plasticas e AAEECC. A disfrutar!!!

TITULOS B1 INGLÉS TRINITY COLLEGE

Parabéns ao alumnado de 4º de ESO que obtivo o certificado oficial B1 de inglés emitido polo Trinity College of London. Na actividade, que está enmarcada dentro do programa de Acreditación Alumnado de Linguas Estranxeiras  da Xunta, participaron un total de 8 alumnos/as de 4º da ESO que realizaron as probas de acreditación nas instalacións do noso centro o pasado mes de abril. B1 TRINITY

AdxuntoTamaño
IMAGE B1 TRINITY.jpeg220.48 KB

RECOLLIDA DE TÍTULOS DA ESO CURSO 2019-2020

Todo o alumnado que finalizou a ESO no pasado curso 2019-2020 pode pasar pola secretaría do centro a recoller os títulos. Se o/a alumno/a non pode facer a recollida persoalmente, deberá autorizar a alguén cubrindo a autorización que podedes descargar neste enlace

  

AdxuntoTamaño
Autorización recollida título ESO.docx86.11 KB

PATXI GARCÍA NOVO: "UN GALLEGO ENSEÑANDO EN LA UNIVERSIDAD DE NAGASAKI"

O vindeiro luns 25 de Abril o alumnado de 1º A ESO do centro entrevistarase na distancia a través dunha quedada virtual en directo co científico galego Patxí García Novo, Enxeñeiro Químico Industrial licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela (Campus Lugo) , Master en enerxías renovables pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en enxeñería na Universidade de Kyushu (Fukuoka - Xapón). Na actualidade exerce como profesor asistente na Universidade de Nagasaki (Xapón). De seguro vai ser un encontro interesantísimo do que daremos conta en breve. Esta actividade está organizada polo Departamento de Língua Castelá e Literatura.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO CENTRO EDUCATIVO

A Consellería de Sanidade acaba de publicar un documento no que se describen as situacións nas que se mantén o uso da máscara no ámbito educativo e establece recomendacións do seu uso noutras situacións. 

Podedes acceder ao documento pinchando no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut