Skip to Content

Música

CONCERTO DE NADAL - 20 DECEMBRO 2021

O pasado día 20 de Decembro de 2021, tivemos a oportunidade de disfrutar do "Concerto de Nadal" organizado pola profesora e Xefa do Departamento de Música Mª Cristina Espiñeira Precedo. A actividade desenvolveuse no Salón do Voluntariado de Muxía de 10:30 a 12:10 da mañá. Participou alumnado de tódolos niveis e grupos nos que imparte aulas (2º, 3º e 4º ESO) . Acompañaron tamén en varios temas a propia Cristina Espiñeira, Pablo (un saxofonista convidado) e as profesoras Verónica Paz ao piano e Cristina Negreira á flauta traveseira. Un espazo para disfrutar e visibilizar o feito nas aulas e as capacidades desenvoltas polo alumnado. A actividade foi precedida dun recital poético a cargo de David Creus, profesor de plástica.

Distribuir contido


by Dr. Radut