Skip to Content

Rosalía

En febreiro conmemoramos o día de Rosalía, o 23 de febreiro, data do seu nacemento. Dende a biblioteca elaboramos diferentes actividades: mudamos o noso expositor para poñer títulos da autora, realizouse un acto conxunto con outros centros da contorna no Porriño, fixemos unha ruada (a VII ruada rosaliana), organizouse un obradoiro de marcapáxinas, houbo un programa de radio especial e tivemos un acto na entrada do centro con todo o estudantado.

O prato forte é a nosa Ruada Rosaliana. Nesta VII edición o alumnado voluntario da ruada (alumnado de música e voluntariado da biblioteca) cantou versos de Rosalía no CEIP Antonio Palacios, en ACEESCA, no centro de día, no Froiz e no CEIP Ribeira.

Algunha desas canción formaron parte tamén do acto no centro. Neste acto leuse o manifesto que se lera na actividade conxunta no centro do Porriño.

Nos recreos activos elaboramos marcapáxinas e pezas colgantes de macramé coa figura de Rosalía, algúns deses marcapáxinas e colgantes foron agasallos para os lugares polos que se realizou a ruada.

Completouse a serie de actividades de conmemoración de Rosalía co programa de radio especial. Un programa que xirou ao redor da figura da nosa autora.



page | by Dr. Radut