ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA "ANA ARRAIZ" DO IES RICARDO MELLA - CURSO 2017-18

1.- “FORA  LIBROS”

Este curso organizamos mesas temáticas baixando os libros ao hall de entrada. A idea é mellorar a accesibilidade aos libros, podendo realizar autopréstamo sen necesidade de subir á biblioteca.

  • HALLOWEEN /SANMAÍN

Comezamos en novembro, e coincidindo coa actividade do Departamento de Inglés sobre o Halloween, baixamos libros de terror e medo. Durante unha semana desenvolveuse unha serie de concursos: cabazas decoradas, postres de terror (incluindo a receta escrita en galego e inglés), ou descubre que hai na caixa. Os gañadores foron Lucía Silva Hervella de 3º da ESO nas cabazas, e nos postres  Jazmin Juárez Vieira Os premios dos concursos foron unha entrada para o “Laberinto sangriento”, e un desconto para os seus acompañantes. ¡Foi moi divertido!

  • EMPRENDEDORES

Pensando que o noso instituto ten alumnos de tres familias profesionais, organizamos outra mesa durante o mes de Decembro adicada á temática empresarial. Titulámola EMPRENDEDORES, e recomplia libros que tratan as relacións laborais e o emprendemento.

  • ROMÁNTICA 

Coincidindo co 14 de Febreiro, día dos namorados, decoramos o hall do instituto cuns corazóns que voan de amor. Baixamos películas e libros románticos.

C:\Users\Usuario\Downloads\Foto de Leonor Gimenez.jpgC:\Users\Usuario\Desktop\2017-18\mesa romantica.jpg

 

 

2.- A II XINCANA

No mes de maio, co gallo do día das Letras galegas adicado a Mª Victoria Moreno, organizamos a II Xincana do IES Ricardo Mella.

Como o ano pasado, invitamos aos alumnos do colexio “O Sello” a participar. A xincana consistiu en 13 probas moi variadas. Algunhas xa as fixeramos o ano pasado. Os alumnos tiveron que  realizar operacións matemáticas moi sinxelas, buscar un libro na biblioteca a partir dun tejuelo, tirar os bolos, formar unha palabra a partir de vogais e consoantes, xogo de orientación, formar un pareado. Outras probas foron novas como imitar sons de animais, dar dez pegadas cunha laranxa na fronte dunha parella, construir estruturas con bloques de madeira, colocar un puzzle co tema de Mª Victoria Moreno, ou o Doublee.

Para desenvolver as probas, formáronse grupos mixtos de 7 rapaces, de tal xeito, que reuníanse alumnos do colexio, de 1º,2º e 3º da Eso no mesmo grupo. Os xuíces das probas estaban compostos por alumnos de 4º da ESO, 1º Bacharelato e profesores. En total, participaron 140 alumnos ¡Tardaron pouquísimo en realizar as 13 probas! ¡Estivo xenial!

O nivel de implicación foi altísimo e a experiencia foi moi positiva. Gracias a todos.

C:\Users\Usuario\Downloads\Foto de Leonor Gimenez (2).jpgC:\Users\Usuario\Downloads\Foto de Leonor Gimenez (1).jpg

 

3.- MALETAS  VIAXEIRAS

A biblioteca solicitou a Maleta da INCLUSIÓN EDUCATIVA ofertada polo CFR de Vigo. Estivo á disposición dos alumnos e dos profesores durante un mes.  Tamén recibimos a Maleta do Cómic ofertada polos servicios centrais de Bibliotecas Escolares. Foi unha iniciativa moi interesante que  seguramente repetiremos.

C:\Users\Usuario\Downloads\IMG_20180509_111219.jpg

 

4.- VISITAS  ALUMNOS 

Ao longo deste curso, os alumnos da ESO, de Bacharelato e de Ciclos viñeron visitar a biblioteca. É unha actividade programada para que coñezan os nosos fondos, o sistema de empréstamo, e a organización da biblioteca. A idea é que os alumnos sexan o máis autómonos posible.

C:\Users\Usuario\Desktop\2017-18\VISITA ALUMNOS.jpg

 

5.- CLUB DE LECTURA

Ao longo deste curso organizouse o club de lectura. Este foi o cuarto ano que a Consellería ven de nos conceder unha dotación para levar a cabo o club de lectura. O club de lectura organizouno Rosa Encinas, a profesora de apoio. Desenvolvéronse tres clubs simultaneamente: O club de lectura de alumnos, o do cómic manga e o club de adultos. A experiencia foi moi interesante.

 

6.- RECOMENDACIONS LECTORAS EN NADAL E VERÁN

O grupo de biblioteca tamén realiza boletíns de recomendacións lectoras que van grampados aos boletíns de notas en nadal e en verán.