Charla 3 Proxecto Mámoas

 

O pasado xoves 8 de xuño o alumnado participante (1º ESO, 4ºESO, 1ºBACH, 1º FPB) no Proxecto Mámoas, proxecto ao abeiro dos Plans Proxecta 2022-2023 desenvolvidos no IES Ricardo Mella, puido gozar coa charla realizada polo especialista en técnicas fotogramétricas, Manuel García Ávila. Nesta interesante sesión, o relator explicou o proceso para a a aplicación da fotogrametría en elementos megalíticos ou rupestres, como dolmens ou petróglifos. Alén das explicacións sobre o proceso de realización, tamén puidemos ver parte do seu traballo aloxado en Sketchfab (https://sketchfab.com/3d-models/mamoa-de-casa-dos-mouros-445d2589441d43a9b53a9fd48e32cf54) ou coñecer outras aplicacións da fotogrametría, como o modelado 3d, que poderá ser dunha grande utilidade no ámbito megalítico-rupestre que aborda este proxecto. Ademais, foi para nós un orgullo ter a Manuel G. Ávila novamente no noso IES, pois non hai moito tempo formou parte do mesmo como alumno...

Adiante co Proxecto Mámoas! #edlgmella