Procedemento e prazos de reclamación das cualificacións dos 2º cursos de Ciclos Formativos

 

Procedemento e prazos de reclamación das cualificacións dos 2º cursos de Ciclos Formativos

No caso de ciclos formativos de 2.000 horas de duración, o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de FCT en período ordinario.

Tras a comunicación da cualificación por Abalar o 7 de marzo para 2º curso de Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear, e o 12 de marzo para o resto dos 2º cursos de Ciclos Formativos, o alumnado, e no seu caso as súas familias, poderán solicitar, por escrito, a reclamación ante a dirección do centro, logo das aclaracións co profesorado, no prazo máximo de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en que produza a comunicación.

 

Revisión no centro

Prazo

2º curso Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

8 e 11 de marzo 2024

2º curso resto ciclos formativos

13 e 14 marzo 2024

 

O modelo a presentar na Secretaría do Centro en horario de 09:00 h-13:00 h, e a información adicional sobre o proceso pódense atopar nos seguintes enlaces:

Reclamacións contra as cualificacións finais. Formación profesional (art.45 Orde 12 de xullo de 2011)

Impreso para formalizar a reclamación