Educación física

ARTIGO : "UN ESTUDIO DEMUESTRA QUE EJERCICIO FÍSICO MEJORA LA MEMORIA

Ola a tod@s: PARECÉUME INTERESANTE COMPARTIRVOS A TOD@S O QUE SEMPRE LLES COMENTO AO ALUMNADO, AÍNDA QUE TODA A FAMILIA DEBERÍA REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DE MANTER UNHA VIDA ACTIVA E SAUDABLE.

 

AVISO IMPORTANTE AO ALUMNADO DA ESO E 1º DE BACHARELATO

GUSTARÍAME ACLARAR AO ALUMNADO DA ESO E DE 1º DE BACHARELATO NON APTOS NOS 1º E /OU 2º TRIMESTRES:

QUE DEBEN ENTREGAR AS TAREFAS, TRABALLOS OU CUESTIONARIOS QUE NON FORON ENTREGADOS OU FEITOS , PARA PODER ACADAR O APROBADO.

ASEMADE, DENDE O CONFINAMENTO, ESTE DEPARTAMENTO FOI PUBLICANDO RETOS OU ACTIVIDADES PARA QUE FOMENTAR A ACTIVIDADE FÍSICA E REFORZAR OS CONTIDOS TRABALLADOS OU AMPLIAR OUTROS XÁ ESTABLECIDOS NA PROGRAMACIÓN; A SÚA CORRECTA  ELABORACIÓN E ENTREGA SERÁ TIDA EN CONTA DE XEITO POSITIVO, SEMPRE PARTINDO DO APROBADO.

CO RESPECTO AO ALUMNADO PENDENTE DE OUTROS CURSOS: RECORDADE QUE TEDES ATA FINAL DO MES DE MAIO PARA ENTREGAR AS TAREFAS OU EXERCICIOS XÁ PEDIDOS Ó LONGO DO CURSO.

 

RECOMENDACIÓNS DE EXERCICIO FÍSICO NO DESESCALONAMENTO

O confinamento en casa dunha gran parte da poboación debido á emerxencia sanitaria está a provocar unha serie de cambios nos nosos hábitos diarios que poden afectar gravemente a nosa saúde. De súpeto, vimos reducida de maneira drástica nosas tarefas cotiás, coa consecuente diminución de actividade física, tanto para persoas activas como para persoas sedentarias. Isto unido a unha mala alimentación ( Utiliza os retos para que isto non sexa así), pode converterse nun cóctel explosivo para a nosa saúde. A diminución de exercicio físico , aumento do sedentarismo, máis unha inadecuada alimentación e un exceso de comida traen como consecuencia unha perda de masa muscular, diminución de densidade ósea, unha diminución da capacidade cardio-respiratoria, entre outras cousas. Se non actúo con cabeza, ao final do confinamento , ademais, pódome atopar cuns quilos de máis e unha diminución importante da nosa capacidade física. Neste sentido a Sociedade Española de Obesidade publicou o pasado día 13 de abril un comunicado onde estimaba un incremento dun 5% do peso de nenos e adolescentes tras o confinamento, o que supón un aumento de 1 kg de graxa de peso adicional.

 A NIVEL FÍSICO: Debemos manternos activos todo o día. É importante que fagamos unha sesión de adestramento de certa intensidade, polo menos, unha hora ao día. Nas redes sociais podemos buscar ligazóns que nos propoñan como facelo de maneira saudable, segundo os nosos gustos e capacidades. É importante que o noso adestramento diríxase fundamentalmente a manter e/ou mellorar a resistencia e a forza (con control total do movemento, con velocidade baixa ou moderada en función da túa forma física….Se nunca fixeches actividades de alta intensidade, agora non é o momento). Durante a primeira avaliación realizamos actividades para que así fóra. Desde as sociedades médicas están a aconsellar a toda a sociedade, sen excepción, que nos esforcemos por manter a nosa forma física previa ao confinamento. 

Tamén é importante realizar “Pausas activas”: camiñar, bailar, “” exercicios entre clases” (na aula virtual), estiramentos … Hai que facelos durante uns minutos, cada hora que esteamos en actividade sedentaria. Tamén é moi importante participar activamente nas tarefas domésticas . 

AGORA QUE NOS DEIXAN SAÍR A EXERCITARNOS: Lembra que podemos levar a cabo a nosa saída, unha vez ao día (dúas se estamos federados, e debemos levar DNI e móbil para ensinar a nosa ficha federativa) , na franxa horaria que escollamos e no noso municipio .Dentro desta franxa horaria sen límite de tempo e acompañados, se queremos, só por un dos nosos proxenitores conviventes …( Canto menos vulto, máis claridade) Podemos facelo de 6:00 a 10:00 ou de 20:00 a 23:00. Durante a práctica deportiva debemos manter unha distancia interpersoal con terceiros de, polo menos, dous metros e evitar os espazos concorridos ou con aglomeracións. Se só podemos saír en espazos concorridos, diría que é obrigatoria, pola nosa seguridade, a máscara ( especialmente se só imos andando). Lembra que levamos inactivos máis de mes e medio e que temos que iniciar de forma progresiva e razoable a actividade . 

Debemos cumprir: 

Principio de individualización: segundo o teu estado físico, nivel deportivo, idade…. 

Principio da progresión. debemos comezar con calma e ir aumentando, aos poucos, o volume (canto) e a intensidade (como). Non te fixes no que fan os demais, exponche retos que poidas cumprir e que non che fagan abandonar. Tes unha ferramenta que debes utilizar, a frecuencia cardíaca (ZONA DE ACTIVIDADE). Sabes en que valor tes que traballar. Utilízao! Se nunca corriches, por exemplo, non podes pretender facelo desde o primeiro día...Debes empezar camiñando para, máis tarde, ir alternando, períodos curtos de carreira con outros de camiñar (por exemplo camiñar 2 min e correr 1 min, e así paulatina e alternativamente...) Principio da relación carga-descanso. Tan importante como exercitarse é deixar tempo para recuperarse… A máis intensidade, máis tempo de recuperación. Se corres, lembra: Non debo correr detrás doutra persoa, polo rebufo. Se o fago debo ampliar a distancia a 10 metros. Preferentemente debo facelo de maneira diagonal. Se vas en bicicleta, aumenta a distancia a 20 metros… De momento, non podes practicar deportes de equipo. Se camiñas, faino lixeiro…( Uns 100 pasos por minuto) ( Zona de actividade) Non debes camiñar detrás doutra persoa, se non che queda outra opción debes ir a unha distancia de 4-5- metros. Se é posible, preferentemente en diagonal.

 LEMBRA QUE SEMPRE, PERO AGORA MÁIS QUE NUNCA, DEBES COIDARCHE PARA NON LESIONARCHE.

 POR ISO:

 QUENTA CONVENIENTEMENTE (ESPECIALMENTE AQUELAS PARTES QUE ME POIDA LESIONAR) COAS INDICACIÓNS QUE CHE DEMOS DESDE O DEPARTAMENTO. PONCHE RETOS Ao teu ALCANCE PARA NON ABANDONAR E NON CAER NO SOBREENTRENAMIENTO. 

 

MOITO ÁNIMO! SÉ PRUDENTE,  APROVEITA ESTA OPORTUNIDADE PARA RECUPERAR A FORMA OU COMEZAR A SER ACTIVO/A! NUNCA É TARDE PARA GAÑAR SAÚDE E COIDAR A TÚA ALIMENTACIÓN!....

RECOMENDACIONES DE ACTIVIDAD FÍSICA Y ALIMENTACIÓN DURANTE EL COVID 19

HOLA A TOD@S: OS COMPARTO ALGUNAS RECOMENDACIONES PARA RECORDAROS LO IMPORTANTE QUE ES PARA NUESTRA SALUD, TANTO FÍSICA COMO PSICOLÓGICA, MANTENERSE ACTIVOS TODOS LOS DÍAS, ASÍ COMO CUIDAR NUESTRA ALIMENTACIÓN.

RECORDAD SED MUY RESPONSABLES DURANTE LA FASE DE DESESCALONAMIENTO, MANTENED LAS MEDIDAS DE HIGIENE Y DISTANCIA... Y LLEVAR SIEMPRE LA MASCARILLA.

UN ABRAZO TELEMÁTICO ENORME PARA TOD@S....NOS VEMOS PRONTO!

SUSANA

 

AVISO IMPORTANTE

OLA A TOD@S:

QUERO DENDE AQUÍ DARVOS MOITO ÁNIMO E ANIMAROS A QUE FAGADES CADA DÍA UN POUCO DE EXERCICIO FÍSICO. NA PLATAFORMA IREI COLGANDO "RUTINAS" PARA QUE VOS ANIMEDES..

ASEMADE, QUERÍA RECORDAROS Ó SEGUINTE CON RESPECTO Á MIÑA MATERIA:

AQUEL ALUMNADO QUE AÍNDA NON ESTEXA REXISTRADO, LÉMBROVOS QUE XÁ DENDE O PRINCIPIO DE CURSO ERA OBRIGATORIO, PARA ENTREGAR AS TAREFAS!! AÍNDA ESTADES A TEMPO. TEDES A CLAVE DE ACCESO DO VOSO CURSO NA AULA VIRTUAL. TAMÉN PODEDES PEDILA A CALQUER COMPAÑEIRO... AÍNDA PODEDES ENTREGAR, CORREXIREI AÍNDA FÓRA DE PRAZO...LEMBRADE QUE ESTAS TAREFAS XÁ ESTABAN PROGRAMADAS ANTES DO COVID 19!, E SÍ SON EVALUABLES!!

ESTÁ CREADA, APARTE, UNHA CARPETA NO NOME "MÓDULO 1", COAS ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN POLO COVID 19, CON PROPOSTAS DE TAREFAS, QUE SERÁN AUTOAVALIABLES, PERO QUE ACONSELLO IR FACENDO PORQUE GARDAN TRANSFERENCIA CO CONTIDO DO ÚLTIMO TRIMESTRE. CADA SEMANA OU QUINCENA ENGADIREI UN NOVO MÓDULO.

TAMÉN ABRÍN UN FORO DE DEBATE, COMO CANLE DE COMUNICACIÓN ENTRE VÓS E NÓS (OS COMENTARIOS QUE FAGADES, SEMPRE CON RESPETO, COMA SEMPRE).

SE QUEREDES CONTACTAR CONMIGO, PODEDES FACELO ENVIANDO UNHA MENSAXE A TRAVÉS DE SCHOOLOGY, A TRAVÉS DO FORO,  OU A TRAVÉS DO VOSO TITOR/A.

PENSADE QUE ESTA SITUACIÓN PODE ALONGARSE NO TEMPO...E QUE TEDES QUE IR POUCO A POUCO ENTRANDO NA RUTINA DO TRABALLO DIARIO.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO E PACIENCIA!

SUSANA.

Distribuir contido