Matemáticas

SAÍDA DE 2º E 3º DE ESO Á "VII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO"

   O mércores, 4 de maio, o alumnado de 2º e 3º de ESO participou nunha actividade extraescolar consistente na saída á VII SEMANA MATEMÁTICA DE VIGO.

   Este evento trata de achegar as matemáticas á sociedade en xeral, mediante obradoiros, concursos e actos lúdicos, amosando as matemáticas dende un punto de vista manipulativo e creativo.

EXPOSICIÓN: " TRABALLOS CON TANGRAM "

     

   TODA A INFO:

   Trátase dun xogo chino moi antigo, consistente en formar siluetas de figuras coas sete pezas dadas sen solapalas. As 7 pezas, chamadas “Tans”, son as seguintes: 5 triángulos de diferentes tamaños, 1 cadrado, 1 paralelogramo romboide. Normalmente, os “Tans” gárdanse formando un cadrado.   

EXPOSICIÓN: " EL ROSTRO HUMANO DE LAS MATEMÁTICAS "

Temos no noso centro a exposición “EL ROSTRO HUMANO DE LAS MATEMÁTICAS”, da RSME (Real Sociedade Matemática Española) elaborada no ano 2007 co motivo do Ano da Ciencia. Recolle as caricaturas de 31 matemáticos/as, xunto cunha pequena biografía todo en paneis de tamaño A2.

Distribuir contido