Pais/Nais
Benvidos á web do IES Rosais 2
Vacantes curso 24-25
admin — Mar, 27/02/2024 - 11:33
Educación Secundaria Obrigatoria:
- 1ºESO: 16 vacantes
- 3ºESO: 6 vacantes
- 4º ESO: 4 vacantes
Bacharelato
- 1º Bacharelato de ciencias: 16 vacantes
- 1º Bacharelato humanidades: 44 vacantes
- 2º Bacharelato Ciencias: 19 vacantes
- 2º Bacharelato Humanidades: 38 vacantes
Olimpíadas Tecnoloxía 23-24
admin — Xov, 22/02/2024 - 10:21
O IES Rosais 2 participará nas Olimpíadas de Teleco con varios equipos de ESO e Bacharelato. O 25 de xaneiro asistiron ao acto de presentación que incluíu ademais unha charla técnica sobre as telecomunicacións e unha visita guiada á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. O 1 de febreiro tiveron tamén unha sesión online de formación básica en Micro:bit como preparación antes da Olimpíada. Os profesores que están preparando ao alumnado son Víctor Ronco e Óscar Loeda, do Departamento de Tecnoloxía.
Pista de Xeo en Samil
admin — Xov, 08/02/2024 - 22:10
O Departamento de Educación Física organizou unha actividade de patinaxe para o alumnado de 1º da ESO. Desfrutaron dunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada en Samil o 15 de xaneiro.
Charla “Que se fai na informática industrial?”
admin — Xov, 08/02/2024 - 22:06
O 19 de decembro, o alumnado de 1º BAC A e B asistiu á charla “Que se fai na informática industrial?”. O obxectivo da charla era dar a coñecer os principais avances na informática industrial, desde a utilización dos computadores ata a impresión 3D, facendo ver como é posible que se deseñe calquera cousa utilizando unha computadora e seguindo o seu proceso ata que se fabrica con control por computadora., para sistemas industriais de control, visión artificial, internet das cousas (IoT), robots, etc. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do instituto e o relator foi Manuel Pérez Cota, da UVigo.
Charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”.
admin — Xov, 08/02/2024 - 22:03
O 18 de decembro, o alumnado de 1º BAC C e D asistiu á charla “A innovación na empresa: Os modelos de negocio na era dixital”. A innovación xoga un papel importante na empresa e no tecido económico pero, que é innovar? Que é un modelo de negocio innovador? Basta con ter unha idea orixinal ou unha tecnoloxía nova para innovar e pór en marcha un negocio? Que cambiou na innovación e nos negocios coa chegada da era dixital? A charla tratou esta temática analizando os novos patróns de innovación na empresa, os seus motores tecnolóxicos (internet, dispositivos móbiles, macrodatos (big data), a nube, etc.) de xeito ameno e con casos reais. A charla foi organizada polo departamento de Orientación do centro e o relator foi Emilio García Roselló, da UVigo.
Admisión alumnado
admin — Xov, 08/02/2024 - 10:16
O criterio complementario do centro é ser irmán ou fillo dun ex-alumno.
Enlaces tanto a normativa como á solicitude. O prazo de presentación é do 1 de marzo ao 20 de marzo. As solicitudes presentadas a partir do 21 de marzo a entran no proceso de fóra de prazo.
Distribución dos centros da ESO en Vigo
Proceso de admisión Curso 24-25
admin — Mér, 07/02/2024 - 21:46
Xa están publicadas as datas para solicitar praza nos centros educativos galegos.
Do 15 de Xaneiro ao 5 de febreiro
Prazo de reserva para o alumnado dos centros adscritos (CEIP Vicene Risco e CEIP García Barbón)
Publicación do alumnado en reserva TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS
Prazo para presentar as solicitudes de admisión
Prazo para solicitar a documentación de baremo
Publicación da listaxe provisional de admitidos e Fin das solicitudes en fóra de prazo
Semana da Ciencia 2023
admin — Lun, 05/02/2024 - 18:16
O Club de Ciencias do instituto organizou un ano máis a Semana da Ciencia durante a semana do 18 de decembro. Ademais de postos con experimentos e xogos científicos e lóxicos, este ano organizaron un scape room para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC. O alumnado de 1º BAC participou tamén na investigación dun asasinato na biblioteca e o resto do alumnado nas súas aulas na hora de titoría.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+