Pais/Nais
Obradoiros
PIONEIRAS
admin — Mar, 09/03/2021 - 22:48
PIONEIRAS
Para dar voz a todas esas mulleres silenciadas ao longo da historia o alumnado de primeiro de Bacharelato fixo uns pequenos vídeos adicados a mulleres galegas pioneiras en distintos ámbitos: aviación, medicina, astronomía, deportes... velaquí algún exemplo.
ENTROIDO 2021
admin — Xov, 18/02/2021 - 03:12
ENTROIDO 2021
Este ano o Entroido nos Rosais 2 celebrámolo ao grande. Tivemos un meco, unha exposición sobre personaxes do Entroido galego, rapazas e rapaces de 3º da ESO presentando esta exposición nos cursos de 1º e 2º, puidemos ver un vídeo sobre varios destes personaxes, un documental do músico Kepa Junquera e, o máis importante, a rapazada de 1º e 3º participou nun concurso de máscaras baseadas nestes personaxes que nos aledou a entrada do instituto. O nivel foi altísimo e todas merecían premio pero despois dunha longa deliberación o resultado podedes velo nas fotos. Grazas a todas e a todos por participar e feliz Entroido!!
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
admin — Xov, 03/12/2020 - 22:26
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o centro participou na actividade asociada ao programa EnlazaVigo 2020 do Concello de Vigo. O alumnado elaborou slogans contra a violencia de xénero co que despois decoraron as escaleiras e paredes do centro. Un deles tamén foi escollido para a exposición da Rúa Peonil do Calvario.
Ademais, o alumnado de 3º ESO en adiante viu a obra de teatro online “O último romántico”, na que se trata a violencia de xénero, e participou nun coloquio coa autora da obra e a produtora.
SEGURIDADE INFORMÁTICA
admin — Lun, 18/11/2019 - 22:52
SEGURIDADE INFORMÁTICA
O ENL, en colaboración co servizo de NL do concello de Vigo, organizou para o nivel de 2º de bacharelato a actividade "Seguridade informática e hacking ético", celebrada o día 12 de novembro. O obradoiro centrou o seu contido na ciberseguridade e o que chamamos habitualmente hacking, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de descubrir as medidas de seguridade que deben tomar cando utiliza un dispositivo electrónico e a importancia de preservar a nosa intimidade online. Durante a actividade, o alumnado achegouse ao concepto de hacking e aos tipos de hackers e técnicas de ataque máis habituais. Tras a exposición, comezou a parte práctica, onde puideron comprobar se as súas contas foran hackeadas, realizando as análises en tempo real. Ademais, o ponente ofreceu técnicas para protexer os nosos datos e abordaxe de páxinas canto menos curiosas, máis aló de que poidamos pensar que se atopan encriptadas. Unha actividade que motivou, informou e gustou moitísimo a todo o alumnado asistente.
TECENDO O FUTURO
admin — Lun, 18/11/2019 - 21:49
TECENDO O FUTURO
O ENL, en colaboración co servizo de NL do concello de Vigo, organizou para o nivel de 2º de ESO a actividade "Tecendo o futuro", celebrada o día 6 de novembro. A idea partiu desde a conciencia de que cada día cobra máis importancia na nosa vida a tecnoloxía. E normalmente, cando pensamos en contornas tecnolóxicas programables, pensamos en complexos sistemas afastados da nosa vida cotiá. Sen embargo, desde este obradoiro tiñamos a seguridade de achegar o alumnado á tecnoloxía dunha forma diferente, traballando con dispositivos que se incorporarían en tecidos, chegando a crear o alumnado o seu primeiro e-téxtil utilizando placas Calliope Mini. A actividade comezou cunha aproximación teórico (que é un e-téxtil, cales son as súas bases técnicas, materiais necesarios e iniciación á programación de dispositivos electrónicos. Xa nunha segunda parte, o alumnado puido poñer en práctica o explicado, ao crear o seu primeiro e-téxtil que deu como resultado un piano de feltro con Calliope Mini. Resultou unha estupenda actividade para o alumnado deste nivel, que se motivou e participou grandemente nela.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+