Pais/Nais
Dinamización Lingüística
Entrega de premios das máscaras
admin — Xov, 03/03/2022 - 19:22
Na festa de Entroido do venres fixéronse entrega dos premios da elaboración das máscaras baseadas nos entroidos tradicionais, feita polo alumando de primeiro e terceiro da ESO. Foi unha decisión moi difícil, pois son uns verdadeiros artistas!
MENSAXES DE NADAL.
admin — Sáb, 18/12/2021 - 22:00
Estes días o corredor da cafetería apareceu cuberto de grilandas e bólas con debuxos e mensaxes en galego feitas nos primeiros e segundos da ESO para felicitarnos o Nadal dende Lingualízate, quedou ben chulo!
VIVE UN NADAL EN GALEGO: LECTURAS RECOMENDADAS.
admin — Lun, 13/12/2021 - 21:50
Dende Lingualízate propóñennos varios libros para este Nadal, ordenados por idades e cun pequeno comentario de cada un, para entreternos coas letras durante as vacacións ou para facer algún agasallo.
ENCONTRO CON EVA MEJUTO.
admin — Mar, 16/11/2021 - 11:51
CICLO DE ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS GALEGAS
Para pechar o ciclo de encontros con escritoras galegas organizado polo Concello de Vigo o alumando de cuarto escoitou con atención o que Eva Mejuto, escritora de libros tan lidos como 22 segundos ou Memoria do silencio, nos contou sobre as súas historias e sobre o mundo da transexualidade, onde se inspira o primeiro dos libros.
MES DA CIENCIA EN GALEGO.
admin — Mér, 10/11/2021 - 20:07
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego así que dende Lingualízate propóñennos profesionalizar a nosa lingua dándonos algún do léxico máis empregado no noso día a día, mostrándonos a táboa periódica dos elementos químicos en galego ou recomendándonos algunha lectura sobre ciencia.
ENCONTRO CON IRIA MISA.
admin — Sáb, 30/10/2021 - 11:45
CICLO DE ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS GALEGAS
Continuando coas charlas do pasado curso de escritoras galegas organizadas polo concello de Vigo o venres 22 de outubro o alumnado de terceiro da ESO puido falar virtualmente con Iria Misa, quen nos falou da súa obra e do proceso da escrita, e deu pé para varias e interesantes preguntas da rapazada.
OBRADOIRO DE REGUEIFAS.
admin — Xov, 21/10/2021 - 23:33
O Bieito Lobariñas
ao insti veu regueifar,
e con el nós aprendemos
moitas coplas a botar
Taller de improvisación oral para o alumnado de terceiro da ESO organizado por Lingualízate, foi ben divertido!
EXPOSICIÓN DOS 40 ANOS DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA.
admin — Xov, 21/10/2021 - 23:16
Neste ano 2021 celébranse os 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia e Lingualízate, o equipo de normalización do instituto, proponnos achegarnos aos artigos adicados á lingua a través dunha pequena exposición na entrada do instituto.
LETRAS POLA IGUALDADE.
admin — Mar, 18/05/2021 - 20:12
O 17 de maio coincide a celebración do día das Letras Galegas e mais o Día contra a Homofobia,Transfobia e Disfobia, así que Lingualízate expuxo unha serie de poemas ou breves textos de escritores e escritoras en lingua galega que loitan pola igualdade .
DÍGOCHO EU.
admin — Dom, 16/05/2021 - 12:57
O mércores 12, ás 12, en 1º de Bacharelato fixemos unha conexión co coñecido programa Dígocho eu a través da súa nova rede social de Twitch. Coñecimos a Esther, a súa simpática presentadora, e á lingüísta encargada das correccións, ademais dalgúns trucos do programa, foi unha hora moi entretida!
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+