Pais/Nais
Teatro: "El asesinato del profesor de Matemáticas"
admin — Ven, 30/12/2022 - 12:05
O 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º ESO asistiu á obra de teatro "El asesinato del profesor de Matemáticas" no Cine Teatro Salesianos. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura do instituto.
Convocatoria Delf Scolaire 2023
admin — Ven, 16/12/2022 - 20:34
Achegamos información da convocatoria dos exames Delf Scolaire 2023 para os alumnos de ESO e Bacharelato dos centros educativos definidos nos convenios asinados entre as Consellerías de Educación das comunidades autónomas interesadas e a Embaixada de Francia en España.
Lee a información completa no seguinte documento.
Posta en marcha do Club da Ciencia
admin — Dom, 11/12/2022 - 22:25
Xa temos en marcha o Club de Ciencia do IES Rosais 2. Nestas semanas estamos organizando a Semana da Ciencia que se celebrará neste mes no centro. O alumnado está preparando experimentos de Física e Química, preparando xogos baseados na electricidade e a hidráulica e programando co profesorado de Tecnoloxía, facendo volcáns e experimentos con algas co de Bioloxía, traballando figuras xeométricas e xogos co de Matemáticas e Educación Plástica... E en canto acabemos coa organización deste evento empezaremos a investigar os océanos. O club está aberto a novas incorporacións así que animádevos a participar.
Cine en francés
admin — Dom, 11/12/2022 - 22:17
Os días 8 e 9 de novembro, a Alianza Francesa de Vigo organizou unha actividade de cine no Auditorio do Concello á que asistiu o alumnado de Francés de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. A a actividade foi organizada no centro por Begoña Montenegro, do departamento de Francés.
Exposición de Francisco Leiro no MARCO
admin — Dom, 11/12/2022 - 21:58
Os días 2 e 4 de novembro, o alumnado de Debuxo Técnico e de Educación plástica, visual e audiovisual de 1º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato, visitou a exposición de Francisco Leiro no museo MARCO de Vigo e participou nun obradoiro posterior. Despois visitaron tamén a galería Maraca. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
Concurso Postal de Nadal 2022-23
admin — Mér, 07/12/2022 - 19:51
O IES Rosais 2, en coordinación co Departamento de Educación Plástica e Visual e a ANPA Agarimo do IES Rosais 2, convoca o XXXIV Certame de Postais de Nadal Rosais 2.
“A Mellor Postal de Nadal”
Lee as bases do concurso no seguinte documento.
Concurso UGLY CHRISTMAS SWEATER DAY
admin — Mar, 06/12/2022 - 22:46
O departamento de Inglés convoca o concurso Ugly Christmas Sweater Day. Celebrarase o vindeiro venres 16 de decembro. O único que tes que facer é levar o xersei máis feo posible todo o día!.
Lee a información completa do concurso no seguinte documento.
Obradoiro científico "Explorando a cosmética...con Ciencia"
admin — Lun, 24/10/2022 - 22:12
O venres 14 de outubro, o alumnado de Física e Química de 1º de BAC B e C participou no taller científico "Explorando a cosmética… con Ciencia". O alumnado de 1º BAC A participará no mesmo o día 26 de outubro. No taller, o noso alumnado creou cremas hidratantes e bombas de baño e estudaron as variables que inflúen nos resultados obtidos. Antes desta parte práctica, os investigadores de CINBIO que nos ofreceron o taller, explicaron como funciona un proceso de investigación e fixeron un breve repaso ao método científico e á importancia de traballar con rigor e seguindo unhas metodoloxías concretas.
CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo) está a organizar estes obradoiros para dar visibilidade ao labor dos investigadores e investigadoras e fomentar as vocacións científicas entre o alumnado.
A actividade estivo a cargo de María del Carmen Costas Lago e Marta López Pico, profesoras do departamento de Física e Química do instituto.
Exposición "SEN CANCELAS"
admin — Lun, 24/10/2022 - 21:57
Do 6 ao 20 de outubro tivemos no instituto a exposición "SEN CANCELAS. MEMORIAS DO ARCO DA VELLA EN GALICIA", una exposición itinerante que percorrerá centros educativos galegos. O Consello da Cultura Galega prestounos esta exposición na que se fai un percorrido sobre a diversidade para fomentar o respecto ante a diversidade sexual e de xénero.
Últimas actividades do departamento de francés
admin — Mér, 06/07/2022 - 19:36
O Departamento de Francés presenta nestas liñas as dúas últimas actividades do curso. Un petit-déjeuner français au café de la Seine! e un recital de poesía en francés para o alumnado de 1ª da ESO no espazo da Biblioteca. Abaixo podedes acceder as imaxes destes eventos.
Finaliza desta maneira un gran traballo feito polo Departamento de Francés o longo de todo o curso e en especial do seu responsable Pilar Álvarez. Botarémosche de menos Pilar!. Moita sorte na túa nova andaina.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+