Pais/Nais
Visita Didáctica Ás Illas Cíes
admin — Mar, 21/06/2022 - 13:25
O 17 de xuño, o alumnado de 4º ESO A e B participou nunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os alumos/as estiveron acompañados polas profesoras Andrea Rolo, Pilar Álvarez e Olga Mijón, Na visita didáctica ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia realizouse un percorrido guiado pola Illa de Monteagudo e a Illa do Faro. Durante o itinerario recibiron información en relación aos procesos da formación das rías, dunas, praias, cantís, formas do relevo, e sobre as colonias de aves, flora do parque e especies dos fondos mariños, salientando a importancia de preservar un espazo natural.
Obradoiro de RCP
admin — Lun, 20/06/2022 - 09:40
O día 8 de xuño, coincidindo coa inauguración do Congreso Nacional de Medicina de Urxencias e Emerxencias no Auditorio Mar de Vigo, celebrouse un obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar ao que asistiu o noso alumnado de 3º ESO. A actividade estivo a cargo de Susana Puente, profesora do departamento de Educación Física e de Andrea Rolo, profesora do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. As dúas impartiron durante este curso clases de RCP no centro para o seu alumnado de Anatomía Aplicada e de Educación Física.
Día da diversidade
admin — Xov, 19/05/2022 - 00:17
O 17 de maio celébrase o día contra a LGTBI fobia así que o día 18 celebramos a II festa da Diversidade nos recreos, onde repartimos pulseiras, calcomanías, fixemos un photocall e unimos as nosas mans para loitar por un mundo máis xusto
Photocall da lingua
admin — Mér, 18/05/2022 - 20:49
O alumnado de 1º de bacharelato B e D, xunto co equipo de Lingualízate, preparou un photocall da lingua con mensaxes reivindicativas de apoio ao idioma, onde todo o que quixo veu facerse unha foto cun dos pequenos cartaces, para que quede claro que no noso instituto nos gusta o galego
Marcapáxinas das Letras
admin — Mér, 18/05/2022 - 20:30
A entrada do instituto encheuse estes días de pequenas mensaxes a prol da lingua galega, sobre a Nosa Terra ou de Florencio Delgado Gurriarán, para visualizar a importancia do noso idioma
Letras Galegas 2022
admin — Mér, 18/05/2022 - 20:24
¿Coñecedes a figura do homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán? Para profundizar un pouco nela podedes ver este pequeno vídeo que a rapazada de bacharelato de Lingualízate nos preparou
Inspira STEAM 2021
admin — Mér, 11/05/2022 - 16:45
O alumnado de 1º da ESO do IES ROSAIS 2 participou no proxecto INSPIRA STEAM que pretende fomentar as vocacións STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) entre os estudantes de secundaria.
O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a rapazas e rapaces. Todas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión, etc.
Este ano contamos con Elena Alonso Prieto (Escola Enxeñería de Minas e Enerxía), Ángeles Peña (Facultade Química e Enx. Química) Raquel Pérez, ( Enxeñeira e investigadora do Grupo de Tecnoloxía Enerxética) e Mercedes Pérez (Enxeñeira Telecomunicacións) entre outras.
Xornada Tecnolóxica no Verbum
admin — Mér, 11/05/2022 - 16:26
O alumnado de 4º da ESO que cursa as TIC tivo a oportunidade o pasado venres 6 de Maio de gozar dunha mañá de contacto coas novas tecnoloxías no espazo Verbum de Vigo que están a desenvolver alumn@s de último curso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O alumnado estivo acompañado polos profesores do departamento de Tecnoloxía Nerea González-Lavín Sáenz del Castillo e Óscar Loeda Rivas xunto coa profesora do departamento de Lingua Galega Verónica Taboada Lorenzo.
Á entrada do recinto o noso grupo foi recibido moi amablemente pola directora da Escola de Telecomunicación Rebeca Pilar Díaz Redondo quen se dirixiu ao alumnado para realizar unha breve introdución sobre os contidos que iamos visitar. Aí indicóusenos que serían os propios alumn@s da Escola, agrupados en equipos de aprox. 5 integrantes, quen presentaría os proxectos nos que están a traballar no seu último ano de grao.
Exposición de Alfredo Alcaín no Marco
admin — Mér, 11/05/2022 - 15:55
O 29 de abril, o alumnado matriculado en Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato tivo unha saída para ver a exposición de Alfredo Alcaín no museo MARCO de Vigo e participou nun obradoiro posterior. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
Exposición de Teresa Moro no Marco
admin — Mar, 03/05/2022 - 17:54
O alumnado de 3º ESO tivo unha saída para ver á exposición “El efecto reliquia” de Teresa Moro no museo MARCO de Vigo. Ademais tiveron a sorte de participar nun obradoiro posterior. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+