Pais/Nais
CHARLA "PUBERTAD-ADOLESCENCIA ¿ESTAMOS PREPARADOS?"
O día 9 de abril, ás 19:30h., deu comezo a III Escola de Nais e Pais, que abriu o ciclo de charlas coa conferencia “Pubertad-adolescencia: ¿estamos preparados?”. A ponente, Dª. Susana Aldecoa Landesa, xa é unha coñecida do noso Centro, pois o curso pasado ofreceu unha charla de Educación Sexual e ETS ao alumnado de Bacharelato.
Dª. Susana Aldecoa, titulada en Medicina e Cirurxía, é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, e desenvolve o seu labor como médico de Atención Primaria no SAP de Beiramar. Tamén se ocupa do Programa de Atención á muller, que inclúe problemáticas tan diversas como a prevención do cancro ou as enfermidades de transmisión sexual. En palabras da propia ponente “además da faceta asistencial do meu traballo, interésame a atención comunitaria, e é por iso que colaboro con centros educativos”.
Esta primeira “ronda” da Escola constou de dúas fases: unha primeira onde a sra. Aldecoa ofreceu ás familias a información necesaria, centrándose en primeiro lugar nos cambios hormonais e físico-psíquicos da puberdade (incidindo na diferenza púber-adolescente) e a seguir tratando este tramo de idade desde o punto de vista dos cambios hormonais e físicos nos púberes, e os cambios sociais e psíquicos no resto da adolescencia, sempre desde a visión como médico de familia e desde a experiencia da súa consulta.
A segunda parte abriu as preguntas e o debate, que Dª. Susana respondeu concienzudamente e de xeito moi clarificador. A única mágoa foi que o tempo pasou voando e moitas preguntas quedaron no tinteiro. Pero esperamos que nos visite de novo nun futuro, algo que as familias desexan e nós tamén.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+