Pais/Nais
CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES PARA PROTEXER OS ECOSISTEMAS AFRICANOS
admin — Xov, 08/04/2021 - 17:59
CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES PARA PROTEXER OS ECOSISTEMAS AFRICANOS
Como parte do noso compromiso co medioambiente, ademais da campaña de tratamento de residuos, Raúl Matos, profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, comezou outra campaña de recollida de móbiles usados para a súa reciclaxe. Os móbiles conteñen unha enorme variedade de materiais potencialmente prexudiciais para o medioambiente e procedentes, en gran parte, de minas e explotacións de países do terceiro mundo. Alí causan un grave impacto ecolóxico, poñendo en perigo aos ecosistemas locais e deteriorando gravísimamente a calidade de vida da poboación. Desgraciadamente, tamén é moi habitual a utilización de man de obra infantil, e/ou semiescrava, na extracción destes recursos. Coa recollida dos móbiles e a reciclaxe dos seus compoñentes pretendemos colaborar, a través da asociación Jane Goodall, en minimizar estes problemas. Esta asociación, encárgase de investir os cartos xerados na recollida e reciclaxe dos móbiles en programas de escolarización e na protección das poboacións de primates na República do Congo. Como motivación, por cada 30 móbiles recollidos poderemos apadriñar a un chimpancé. A campaña está sendo un éxito, xa temos o primeiro apadriñado e dous máis veñen de camiño.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+