Pais/Nais
FINAL AUTONÓMICA DO RALLY CIENTÍFICO-MATEMÁTICO 2020: ENTREGA DE DIPLOMAS.
admin — Ven, 25/06/2021 - 13:48
O 10 de marzo de 2020, o equipo de 4º ESO B do noso centro, formado por Pablo Álvarez Baqueiro, Martín Barcia Carbajal, Inés Bernárdez Rodríguez, Diego Fariña Rodríguez, Marta Gómez González, Laura Xiang Pérez Cerqueira, Alba Pérez Collazo e Santiago Sesto Barrios acadou a final autonómica do Rally Científico-Matemático na modalidade de Física e Química. Dita final autonómica que daría paso á final internacional de Toulouse non puido celebrarse pola situación sanitaria creada pola covid-19.
No ano actual, os organizadores do Rally decidiron entregar os diplomas e agasallos aos equipos participantes nos anos 2020 e 2021, pero como as restricións de aforo pola covid-19 non permitían reunir ao conxunto do alumnado e profesorado participante, convocaron só ao profesorado responsable á unha reunión na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela o día 3 de xuño.
Finalmente, o profesor coordinador da actividade, Juan Carlos Ares, entregou os merecidos diplomas e agasallos ao noso equipo finalista.
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+