Traballos realizados polos alumnos de 1º ESO A e B.
Bo traballo, rapaces!
Este ano realizamos traballos de tipoloxía textual durante o curso. Fixemos receitas, elaboramos banda deseñada e anuncios publicitarios. Déixovos unha pequena mostra.
Onte tivemos unha charla da profe Elena Rubio a propósito das actividades do sector primario no Ámbito Sociolingüístico.
Os alumnos de 3º PMAR aprenderon cómo elaboran o mel as abellas, cómo evitar que nos piquen ou cómo organizan a colmena...
Ensinounos colmenas feitas de cortiza, de palla e as de madeira actuais. Tamén probamos o mel de Saxamonde.
Con motivo do Día do libro 2019 elaboramos un mural sobre Ida Vitale, a recente Premio Cervantes de Literatura. En 1º ESO fixemos poesías que colgamos na entrada do centro.
O DÍA 20 DE ABRIL celebramos a II Edición de Lectura na Rúa xunto co CEIP Santa Mariña, EEI A Marisma e a Biblioteca de Redondela na Alameda.
Os alumnos de 1º de ESO colaboraron cunha adaptación do conto de "Carapuchiña vermella" e léndolle aos máis pequenos.
https://plus.google.com/105277695118091099460
Os alumnos de 3º de PMAR fannos algunhas recomendacións de lectura en distintas linguas.
Un curso máis os nosos alumn@s de 3º e 4º teñen a oportunidade de sair a navegar na Enseada da Illa de San Simón. Unha primeira práctica neste trimestre e a segunda no mes de Maio.
Foto de Pablo Taibo
Preme nos enlaces e accede as imaxes:
Album 4ºB (fotógrafos: Pablo Taibo, Manuel Álvarez y Miguel Parada)
Preparados, listos...xa
Un ano máis, unha nova edición do Campionato de Atletismo Illa de San Simón xa está aquí, Venres 7 de abril. Premendo na imaxe de abaixo poderedes acceder ao formulario de inscrición das probas. Animádevos a batir o "primeiro récord", o da participación, que o ano pasado chegou aos 165 alumn@s. O prazo de inscrición remata o venres 31
Preme na imaxe e accede ao formulario.
Xa está en marcha a XVI edición do Campionato de Atletismo IES Illa de San Simón. Para inscribirse só teredes que cubrir o formulario.
Ánimo e sorte a tod@s.
Preme na imaxe.
Un ano máis o departamento de Educación Física do Illa de San Simón, pon en marcha a unidade didáctica de Vela. Actividade dirixida aos alumnos de 3º e 4º.
Unha vez rematadas as sesións teóricas, chega o día máis agardado, mañá luns 25 será o momento de sair a navegar. Ao longo desta semana, esperemos que o tempo axude, os grupos de 3º e 4º da ESO do noso instituto, farán as primeiras prácticas de navegación.
Temos que agradecer a colaboración do Centro Recreativo Cultural de Redondela para poder levar a cabo este proxecto.
Imaxes da clase teórica 4º A C DC Imaxes da clase teórica 4º B
O longo da semana, tivemos a sorte de disfrutar da presentación no Illa de San Simón da Ximnasia Acrobática. Jorge Méndez, referente deste deporte na comunidade,adestrador e responsable máximo do clube FLIC FLAC de Vigo,dirixiu as sesións: proxección de vídeos espectaculares da modalidade,e unha pequena demostración práctica, na que participaron tod@s os alumn@s.
Primeira toma de contacto, xa que estades tod@s convidados as clases de portas abertas que desenvolverá o CLUBE FLIC FLAC O SÁBADO no IES PEDRO FLORIANI.
ANIMÁDEVOS!!! Paga a pena!!! |
Preme nas imaxes e accede as fotos das diferentes xornadas.
1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |