Skip to main content

Ciclo Formativo Superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional

Título que se obtén

Técnico Superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional

Réximes nos que se imparte

  • Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05

Saídas profesionais

As persoas que obteñan o título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional exercerán a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos de caracterización para producións audiovisuais e escénicas, en talleres e estudios de caracterización e en empresas dedicadas á maquillaxe profesional, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de xestión e supervisión, deseño, organización e prestación de servizos, así como na fabricación de postizos, perrucas e próteses de caracterización, ben como traballadoras e traballadores autónomos ou ben por conta allea.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Caracterizador/a.
  • Xefe/a de maquillaxe para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas.
  • Peiteador/a para caracterización.
  • Maquillador/a para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas.
  • Posticeiro/a.
  • Xefe/a de caracterización.
  • Xefe/a de peiteado para espectáculos e medios audiovisuais.
  • Especialista en próteses e efectos especiais de caracterización.
  • Deseñador/a de personaxes de caracterización.
  • Formador/a técnico/a en caracterización.
  • Técnico/a comercial.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode participar no Programa CUALE.
  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que réxime queres facer este ciclo?

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o Departamento de Imaxe Persoal recomenda o seguinte itinerario:

Módulos do primeiro ano Horas
Creación de próteses faciais e corporais 213
Deseño dixital de personaxes 2D 3D 80
Deseño gráfico aplicado 133
Planificación e proxectos 107
Postizaría 213
Produtos de caracterización e maquillaxe 107

 

Módulos do segundo ano Horas
Caracterización de personaxes 157
Efectos especiais a través da maquillaxe 87
Maquillaxe profesional 193
Peiteado para caracterización 140
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107

 

Módulos do terceiro ano Horas
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional 26

O departamento de Imaxe Persoal recomenda:

Se un alumno/a se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información