Skip to main content

CHARLA DE CIRURXÍA E MEDICINA ESTÉTICA NO IES DE TEIS

<br />
CHARLA DE CIRURXÍA E MEDICINA ESTÉTICA NO IES DE TEIS

O día 12 de abril, o Doutor Javier Santander e o seu equipo visitaron o noso centro co fin de realizar unha charla sobre Cirurxía e Medicina Estética, á que asistiron as alumnas do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar.

Explicaron como é o seu traballo e as distintas técnicas que empregan en Cirurxía Plástica, Medicina Estética, Micropigmentación e Drenaxe Linfático Manual.

Ao remate, as alumnas quixeron facer unha foto cos/as poñentes como recordo dunha formación que lles resultou moi proveitosa.

Grazas pola súa colaboración co IES de Teis!

 

CHARLA DE CIRURXÍA E MEDICINA ESTÉTICA NO IES DE TEIS