Iniciar sesión

Visita ao Instituto de Cerámica de Galicia, e á Unidade de Radiofármacos PET Galicia-SERGAS con Natalia e Dani

O pasado luns 20/12/2021 o alumnado de Química de 2º Bacharelato visitou o Instituto de Cerámica de Galicia. A través dun percorrido polas súas instalacións guiado polo director do centro, Francisco Guitián Rivera, o alumnado puido coñecer e observar aplicacións tan interesantes dos materiais cerámicos como é a construción de próteses para estruturas óseas, impresión de catalizadores de procesos industriais, ensaios de esforzo sobre ladrillos, obtención de fibra de rocha a partir de lousa fundida e cuarzo...

Ao mesmo tempo, o alumnado de Física de 2º Bacharelato visitou a unidade de Radiofármacos PET Galicia-SERGAS, onde se producen dous radiofármacos con fin diagnóstico: a 18F-fludesoxiglucosa e a 18F-colina. O director técnico da unidade, Santiago Medín Aguerre, explicounos como se produce o F-18 (isótopo radioactivo do flúor) bombardeando átomos de O-18 con protóns que son acelerados nun ciclotrón. A continuación, o F-18 debe unirse á molécula que nos permite facer a exploración desexada na unidade de síntese. Por último, o radiofármaco debe dispensarse nos viais (un para cada un dos tres hospitais galegos nos que se administra) e someterse ao autoclave para garantir a súa esterilidade. O alumnado puido observar e apreciar os sistemas de blindax e existentes nas instalacións e os empregados nos equipos de transporte do radiofármaco así como diferentes instrumentos de medida da radiación.

             

      

AdxuntoTamaño
Foto 2 IC.jpg35.55 KB
Visita ICG 1.jpg35.05 KB
20211220_173809.jpg38.07 KB