Iniciar sesión

Información Alumnos

TÍTULOS RECIBIDOS NO CENTRO (ESO, BACH e CICLOS)

Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO, bacharelato ou ciclos) no ano 2020.

Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI.

A retirada de TÍTULOS poderá facerse mediante un dos seguintes procedementos:
I. O alumno/a interesado, persoalmente, ensinando un documento acreditativo que o identifique (DNI, pasaporte…).
II. Por medio de autorización a outra persoa para que o recolla (asinada polo alumno/a interesado). Neste caso, a persoa autorizada deberá presentar nesta secretaría, cuberta e asinada polo alumno/a, a autorización acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte… do alumno/a. A persoa autorizada deberá así mesmo identificarse ensinando o seu documento correspondente (DNI, pasaporte…).

 IMPRESO DE AUTORIZACIÓN

Distribuir contido