Iniciar sesión

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) organizou hoxe unha Masterclass para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento tivo lugar na Escola Ténica Superior de Enxeñaría da USC  e no que participarán 40 alumnas de distintos institutos de Galicia (só dúas por cada centro). Despois dunhas explicacións teóricas sobre a física de partículas, daráselle a oportunidade ás alumnas de analizar datos reais obtidos no LHC (CERN), que é o acelerador de partículas máis longo e potente do mundo, situado en Xenebra. As alumnas tamén poderán, mediante videoconferencia, discutir e comentar os resultados das súas análises con alumnas doutros países e con investigadores vinculados ó LHC.

      Todo isto foi posible gracias a Daniel Esmorís, profesor de Física e Química. As nosas representantes foron:

                                                  Lucía Roget Blanco e Ariadna Martínez Pasión