Actividades

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Prazo para solicitar o fondo de libros: DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO

CÓMO SOLICITALO:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de preferir cubrir os anexos manualmente é mellor que os envien escaneados, xunto coa documentación ao correo electrónico: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

SÓ NO CASO DE QUE NON LLES FUNCIONEN ESTAS DÚAS VÍAS E TEÑAN QUE VIR AO CENTRO DE FORMA EXCEPCIONAL deberán solicitar cita previa NESTE MESMO CORREO: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

DEIXÁMOSLLES A ORDE COMPLETA PARA QUE SAIBAN QUE DOCUMENTOS FAN FALLA E OS ANEXOS I E II:

ORDE COMPLETA

ANEXO I

ANEXO II

INFORMACIÓN FAMILIAS DE 2º DE BACHARELATO

ORGANIZACIÓN DA XORNADA  A PARTIR DO DÍA 25 DE MAIO PARA ALUMNADO DE 2º DE BACH:

1.O alumnado de 2º de Bach comunicará, no caso de querer asistir ao centro, qué materias estaría interesado en asistir para realizar reforzo e repaso das mesmas. Dita comunicación será vinculante. O alumnado que non comunique que vai vir a o centro non poderá asistir ás clases presenciais. 

2.Deberán comunícalo a través do correo electrónico do centro: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es entre o día 19 de maio e o 20 de maio ás 12,00.

 

3.  A Dirección organizará un horario que o titor enviará ao alumnado de 2º de Bach. O horario será diferente ao que teñen habitualmente e contemplará horas presenciais e horas telemáticas.

O alumnado que decida non vir a o centro asistirá ás clases telemáticas nun novo horario que lles comunicaremos.

4. No caso do alumnado que asista ao centro deberá traer obrigatoriamente  mascarilla, manter unha distancia de seguridade entre os seus compañeiros e lavar as mans co xel hidroalcohólico que terán á súa disposición no vestíbulo e que deberán botar, ao entrar na clase e á saída da mesma.

5. E ningún caso deberá vir ao centro ningún alumno que teña síntomas do COVID19, fiebre, dor de cabeza, tos, etc…Tampouco é recomendable que asista ningún alumno que teña algunha patoloxía de risco porque non podemos garantir máis que as medidas básicas de seguridade das que dispoñemos.

O risco segue estando, veñan con precacucións.

A Dirección

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA ALUMNOS DE CENTROS NON ADSCRITOS E DATAS DE MATRÍCULA

Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O CENTRO RECOLLERÁ AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE 10:00 A 14:00

SOLICITEN CITA PREVIA NO CORREO: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es ou no teléfono 881938159 no mesmo horario de recollida de solicitudes.

OBRIGATORIO: mascarilla e luvas.

 -Novos prazos do procedemento:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 8 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.

-MATRÍCULA Prazo extraordinario DE SETEMBRO: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS.HOMENAXE A CARBALLO CALERO.

AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTE DIVERTIDO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRAREMOS UN CUMPREANOS DIFERENTE!!!!

CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

INFORMACIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

Na resolución do 27 de abril que sacou a Consellería díctanse instruccións para o terceiro trimestre, nestas instruccións o máis salientable é:

-O curso rematará o día 19 de xuño. Non hai por tanto modificacións neste senso excepto o que corresponde a 2º de Bacharelato. Neste caso a avaliación será antes do 9 de xuño e as probas están previstas para xullo. Ademais haberá convocatoria de setembro.

-As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puidesen levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. Neste senso, como saben, non hai nada aínda que apunte a un regreso ás aulas e deberemos  agardar as instruccións oficiais

-Durante o terceiro trimestre fixaranse "actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do  alumnado"

-Farase unha revisión das programacións da diferentes materias para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia.

Tamén apareceran nas programacións o tratamento das materias pendentes doutros cursos.

Ademais cada profesor informará persoalmente ao alumnado dos aspectos da programación que lle poidan afectar ou das tarefas que teñan que facer para recuperar.

Esta revisión das programacións  contamos tela colgada nesta páxina web o próximo día 12 de maio. 

-Comentar, por último, que non vai haber aprobado xeral e que hai alumnado que permanece descolgado de todas as materias, non se conecta, non entrega as tarefas e non se pon en contacto cos seus profesores. Lembrarlles que todo o profesorado do centro estableceu canles de comunicación co alumnado, que existe un calendario de videoconferencias e que tamén vanse facer titorías virtuais coa alumnado.

O profesorado e a Dirección do centro estamos facendo un gran esforzo para coordinarnos  e facer o mellor para o noso alumnado nesta situación anormal, non obstante para calqueira dúbida ou cuestion que lles podamos resolver ou axudar poden escribir ao correo do centro.

 

Un saúdo

A Dirección

 

HORARIOS DE VIDEOCONFERENCIAS

Estimadas familias:

O alumnado vai seguir traballando neste terceiro trimestre polas canles habituales que estableza o seu profesorado, non obstante, algúns profesores programan clases ou resolución de dúbidas por videoconferencia e é por isto que fixemos este horario para que saiban as conexións dos seus fillos/as.

Un saúdo e ánimo!

 

HORARIO VIDEOCONFERENCIAS

INFORMACIÓN REPARTO DE ORDENADORES DA CONSELLERÍA

Estimadas familias:

 

A Consellería vainos dotar de tres ordenadores con wifi. Para poder optar a estas axudas deberán facer unha solicitude ao centro a través do correo electrónico do centro onde conste: o nome do alumno, o curso e as razóns polas que o solicita.

Terase en conta:

1.Terán preferencia, por esta orde, o alumnado de 2º de FP Básica, de 2º de Bacharelato e de 4º de ESO e, a continuación, alumnado doutros cursos.

2. O aproveitamento xeral do curso

3. A situación económica, que deberá acreditarse documentalmente (valorarase persoas desempregadas e situacións similares)

 

O prazo de solicitude abranguerá dende o día 3 de abril ata o día 7 de abril.

Unha vez concedida a axuda comunicarémoslles o día e a forma de recollida.

 

 A Dirección

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias:

O pasado venres, 27 de marzo, recibimos as instruccións da Consellería de adaptar esta avaliación aos tempos do Estado de Alarma e para realizar a 2ª avaliación antes do día 3 de abril, polo que esta semana procederemos a realizar a avaliación correspondente.

Aplicaranse na mesma os contidos e instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.

Publicaranse na web as aclaracións feitas por cada Departamento, se foran necesarias. Lembrarlles que os exames non son o único instrumento de avaliación

As notas publicaranse o día 3 de abril entre as 14,00-14,30.Poderán acceder a elas mediante a plataforma ABALAR (Abalar móbil ou Espazo Abalar)

Cando vaiamos sabendo máis novas da Consellería sobre como se vai desenvolver a 3ª Avaliación farémolo saber ás familias a través da páxina web.

Lembrarlles que para calqueira dúbida sobre a publicación das cualificacións poden contactar co centro no correo: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es, para outras cuestións relacionadas co Departamento de Orientación no correo:orientaciontrasancos@gmail.com ou co profesorado por medio de Abalar.

Un saúdo, ánimo, forza e paciencia!!

A Dirección

 

 

INFORMACIÓN APLICACIÓNS DE UTILIDADE PARA AS FAMILIAS

 

Adxunto unhas aplicacións que lles poden ser de utilidade. Lembren que o profesorado estamos colgando prácticamente  todo na AULA VIRTUAL (pinchen no enlace de AULA VIRTUAL PARA VER AS INSTRUCCIÓNS DE NOVO os que teñan dúbidas)

OUTRAS APLICACIÓNS INTERESANTES(PINCHEN EN CADA UNHA PARA ENTRAR)

I LOVE PDF: Esta aplicación permitiralles pasar documentos de PDF a WORD

CANVA: Permite facer presentacións, insertar vídeos, diseñar pósters, e desenvolver a creatividade. Require rexistro.

EDUCAPLAY: Con un montón de recursos educativos  divertidos clasificados por cursos y materias.

 

Agardamos lles sexan útiles para pasar estes días de confinamento.

Moito ánimo!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer