Actividades

DEVOLUCIÓN FONDO DE LIBROS.INSTRUCCIÓNS

 

 

 

 Os alumnos/as que  recibisen libros en setembro a través do  FONDO DE LIBROS,  e que aproben todas as materias en xuño,  deberán devolvelos entre o 16 e o 30 de xuño.

 


Os libros entregaranse en conserxería, nunha bolsa pechada onde apareza o nome do alumno/a  e os libros que contén ( que serán os devoltos ) e  que deberán coincidir cos prestados en setembro.

Os alumnos que teñan libros prestados pero non aproben todo en xuño, deberán devolvelos todos xuntos en setembro, cando rematen os exames de recuperación de setembro.

IMPORTANTE: Lémbrase que a non devolución de todos os libros prestados supón que o próximo curso non se recibirán libros en préstamo.

 

 

SEMANA DE EXAMES FINAIS DE CICLOS 2020

Semana de Exames Finais de Ciclos terá lugar entre os días 15 e 19 de xuño de 2020.

1º CM Xestión Administrativa

2º CM Xestión Administrativa

1º CS Administración e Finanzas

2º CS Administración e Finanzas

 

Dado que as probas son telemáticas, prestade especial atención aos requisitos necesarios, en cada módulo, para a realización das mesmas.

 

 

A publicación das notas en Abalar será o xoves día 25 de xuño ás 11:00 hO prazo de reclamacións estará aberto entre os días 25 (dende as 11:00) e 29 de xuño (ata as 11:00 h.).

INFORMACIÓN PARA AS PROBAS DE ABAU

Estimadas familias e alumnado, poden atopar información sobre as probas de ABAU nos seguintes enlaces:

-Resumo da convocatoria ordinaria.

-Parámetros de ponderación

-Instrucións alumnado

-Horario de realización de probas

 O lugar de realización da proba está pendente de publicación na páxina da CIUG. Informarémoslles convintemente chegado o momento.

-Protocolo ABAU

PLAN DE TRABALLO 8- 17 XUÑO 2020- CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos do CICLO MEDIO E SUPERIOR para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

 

2º CM Xestión Administrativa

2º CS Administración e Finanzas 

Os grupos de 1º curso dos ciclos remataron as clases o venres día 5 de xuño e serán avalíados o día 10. As cualificacións da terceira avaliación publicaranse o xoves día 11 ás 12:00 h.

 

A Semana de Probas Telemáticas e Actividades de Recuperación terá lugar entre o luns día 15 e o venres día 19 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

 

 

 

PLAN DE TRABALLO 8 - 17 XUÑO 2020- FP BÁSICA

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos de FP Básica para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

 

1º FPB Electricidade e Electrónica

2º FPB Electricidade e Electrónica

1º FPB Servizos Comerciais

 

PLAN DE TRABALLO 8- 17 XUÑO 2020- BACHARELATO

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos da BACHARELATO para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

1º Bacharelato A- Ciencias

1º Bacharelato B- Humanidades e Ciencias Sociais

2º Bacharelato A 

PLAN DE TRABALLO 8- 17 XUÑO 2020- ESO

Rematamos o plan de traballo nos distintos grupos da ESO para o período de confinamento entre o luns día 8 de xuño e o mércores día 17 de xuño.

O xoves día 18 de xuño terá lugar o Festival de Fin de Curso en directo (recibiredes máis información do horario e acceso). 

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN

Estimadas familias:
 
Respecto das listaxes, segundo se indica nas instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
 
Avisarémolos das listas definitivas. Será a finais de xuño cando saian

Reciban un cordial saúdo.

Probas libres FP Curso 2019/20

Publicada a convocatoria para as Probas Libres de FP do curso 2019/20.

Máis información neste enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

LISTAS DE ALUMNOS ADMITIDOS NO CENTRO DE CENTROS NON ADSCRITOS

A partir do día 1 de xuño poderán consultar o listado provisional de admitidos e non admitidos no centroLembren que teñen 3 días para reclamar as listas provisionais.

As listas definitivas sairán antes do día 25 de xuño e serán informados na páxina web do centro.

As listas cos non admitidos de centros non adscritos pode variar en función dos rapaces do noso centro que se matriculen noutros centros, no caso da ESO non se agardan moitas variacións da lista provisional aínda que pode haber algunha, pero sí se agardan variacións no caso das listas de Bacharelato. Todo isto non o saberemos, ata que finalice o prazo de matrícula o 10 de xullo. No caso de que nesa data podamos admitir a máis alumnado da lista de reserva, chamaremos persoalmente a todas as familias, aínda que terían que agardar a facer a matrícula en setembro.

Para calqueira dúbida envien a súa consulta ao correo electrónico do centro.

Un saúdo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer