Actividades

CONVOCADAS AXUDAS PARA O FONDO DE LIBROS

Queridas familias, 

xa está convocada a orde pola que se regula a petición do fondo de libros para o curso 2022-23.

Poden presentalo no centro cos anexos correspondentes ou ben na sede electrónica na aplicación FONDOLIBROS

PRAZO LÍMITE DE PRESENTACIÓN: 22 DE XUÑO

Poden consultar todo neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

A dirección

XV CONCURSO "IGNACIO LÓPEZ BUENO" -- PROCLAMACIÓN DE GAÑADORES

O xurado do concurso vén de resolvelo outorgando os seguintes premios:

 

Poden ver os traballos premiados na aula virtual, e consultar a acta na seguinte ligazón.

I Concurso STEMeme

Os departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía do IES Terra de Trasancos, en colaboración coa Dirección do centro, invitan ao alumnado do IES a participar na primeira edición do Concurso STEMeme, centrado na creación de memes de temática científica e tecnolóxica.

Poden acceder ás bases do concurso nesta ligazón.

 

ALUMNADO ADMITIDO DEFINITIVO

Ao non haber reclamacións á listaxe provisional de admitidos esta listaxe xa sería a definitiva de admisión ao centro

 

A dirección

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe PROVISIONAL de admitidos para o curso 2022-23.

a LISTAXE DEFINITIVA publicarase en maio.

 

Un saúdo

 

A directora

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-23

Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes de admisión para o ano académico 2022-2023, comunícase que houbo máis solicitudes que prazas ofertadas para PRIMEIRO DE ESO.

A listaxe provisional sairá o día 22 de abril, e será publicado nos taboleiros interiores do centro e tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta, con certificado dixital ou chave 365.

O alumnado de Bacharelato que solicitou praza está admitido na súa totalidade.

Un saúdo

A dirección

XXVIII SEMANA VERDE - 2022

A Dirección do IES Terra de Trasancos quere convidalos a participar na XV Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais "Ignacio López Bueno". Nesta edición traballaremos sobre "O Vidro", establecido como tema do Ano Internacional de 2022 por Nacións Unidas a proposta de España.

Cartel XV edición Concurso "Ignacio López Bueno"

Poden consultar de descargar as bases do concurso nesta ligazón.

ADMISIÓN ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-23

INSTRUCIÓNS PARA O REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN. CURSO 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos. Poden escribir ao correo do centro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Se o presentan no centro educativo poden descargar o impreso pinchando neste enlace:

ANEXO II

 

As vacantes xa están publicadas e son as seguintes:

Para 1º da ESO: Quedan 15 prazas vacantes

Para 2º da ESO Quedan 2 prazas vacantes

Para 3º da ESO: Non hai vacantes

Para 4º da ESO: Quedan 3 prazas vacantes

Para 1º de Bacharelato de Ciencias:Quedan 21 prazas vacantes

Para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Quedan 19 prazas vacantes

Para 2º de Bacharelato de Ciencias: Quedan 11 prazas vacantes

Para 2º de Bacharelato de Humanidade e Ciencias Sociais: Quedan 16 prazas vacantes

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer