Actividades

MATRÍCULA SETEMBRO CURSO 2020/21

 PRAZO PARA O ALUMNADO DO CENTRO:

 

2º FP Básica: 7 setembro

2º, 3º e 4º ESO, e 1º e 2º Bacharelato: 7 e 8 de setembro.

 Deben recoller o sobre de matrícula na Conserxería do centro (8:30-14:00).

 Horario de matrícula: 10:00- 13:00

Inicio de curso

Estimadas familias:

Horas e días de principio de curso serán avisados ás familias con antelación, tamén lles reenviaremos o protocolo revisado.

Manteñan a calma, non se fien máis que das noticias que lles daremos dende o centro, revisen a páxina web con asiduidade e sobre todo teñan paciencia, estamos preparando todo para que este curso sexa o máis "normal" posible.

Pedimos esa paciencia sobre todo ás familias dos nenos de primeiro da ESO que se incorporan novos ao centro. Confíen en nós. Todo irá ben. 

 A Directora

ADMISIÓN F.P. BÁSICA 2020/21

 

PROCESO DE ADMISIÓN E REQUISITOS

ALUMNADO FORMACIÓN PROFESIONAL

BÁSICA

 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN 1-11 DE SETEMBRO

  • Alumnado de nova incorporación:

  • Formulario de solicitude

  • Comunicación de incorporación a FPB segundo o anexo IV do artigo 12 da Orde do 13 de xullo de 2015 (solicitalo no centro de orixe)

  • Alumnado repetidor: formulario de solicitude

  • Alumnado que promociona a 2º curso: formulario de solicitude

 

Hacer click AQUÍ para descargar o formulario de solicitude.

 

LISTADO DE ADMITID@S 14 SETEMBRO

  • Reclamacións do 14-16 de setembro

 

MATRÍCULA 14-21 SETEMBRO

  • Todo o alumnado: novo, repetidor e promocionado a 2º curso

 

REQUISITOS ACCESO A FORMACIÓN

PROFESIONAL BÁSICA

  • Cumprir 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo

  • Ter cursado 3º ESO ou, excepcionalmente, 2º ESO

  • Ser proposto/a polo equipo docente

A Orientadora contactará coas familias do alumnado do centro proposto polo equipo docente

 A oferta de ciclos básicos pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8797

 

NORMAS REVISIÓN E RECLAMACIÓN EXAMES

 

REVISIÓN DE EXAMES

Luns día 7 de setembro solicitando cita previa por correo electrónico. Descargar impreso de solicitude de revisión de exame, cumplimentalo, e envialo a ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

 

 

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

Dende as 10:00 do día 4 de setembro ata as 10:00 h. do día 8 de setembro. Enviar o impreso de reclamación cumplimentado, asinado  e escaneado por correo electrónico a ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

 

 

 

 

AXUDAS TRANSPORTE E HORARIOS DE MONBUS PARA ALUMNADO QUE NON TEN TRANSPORTE ESCOLAR

Estimadas familias:

Pode solicitar axudas individualizadas o alumnado matriculado no curso 2020/2021 en centros educativos públicos con dereito a transporte escolar gratuíto (Educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria) que por diversas circunstancias non poida facer uso das rutas de transporte escolar existente.

O alumnado de Formación Profesional Básica que non poida facer uso de rutas de transporte escolar en centros educativos públicos pode solicitar axudas de acordo co disposto na Instrución que aproba anualmente a Secretaría Xeral Técnica da Consellería e sempre que cumpran os requisitos que se establezan. 

Neste ENLACE teñen todas as instruccións, e NESTE ENLACE poden descargar o anexo da solicitude.

 

RUTAS DE TRANSPORTES DE MONBUS PARA ALUMNADO DE BACHARELATO/CICLOS OU PARA OUTROS ALUMNOS DA ESO E FP BÁSICA QUE O NECESITARAN E NON POIDAN UTILIZAR O TRANSPORTE ESCOLAR:

 

Por se fora de utilidade para este alumnado deixámosvos tamén UN ARQUIVO con todas as paradas. Tamén estará dispoñible proximamente ede forma estable no menú da esquerda.

 

 

HORARIO DE VERÁN

O horario de atención ao público durante o mes de xullo é de 9:30 a 13:30.

 

INFORMACIÓN PROCESO MATRÍCULA CICLOS. PRAZOS.

No enlace poderedes ver o que hai que facer para matricularse nos Ciclos con todas as datas importantes que deberedes ter en conta.

 

ENLACE AO PROCESO

 

Un saúdo.

 

A DIRECCIÓN

VÍDEO DE FIN DE CURSO. TALENTOS CONFINADOS

Estimadas familias:


Envíolles o enlace ao vídeo de Fin de Curso, está feito con moita ilusión,  que tanta falta fai nestes momentos, e nel participan  alumnado e profesorado do centro, está cheo de sorpresas e sorrisos e tamén está adicado a vostedes como agradecemento pola súa axuda e apoio nestes momentos tan dificiles que pasamos.

Entregaremos premios aos seus fillos, haberá actuacións, humor, despedidas e teñen que velo ata o final porque hai moitas sorpresas. Agardo lles guste.Poden velo hoxe en directo ás 12,30 ou logo en diferido a partir das 13,30.


Enlace ao vídeo

 

 


Desexándolles un feliz verán
A Directora

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

 

As listas definitivas para alumnado de novo ingreso sairán o 26 de xuño ás 13:30 e estarán expostas no taboleiro  do centro.

A matrícula será presencial para todo o alumnado, deberán vir provistos de mascarillas e seguir ás indicacións que lles dará o persoal do centro.

 

RECOLLIDA DE SOBRE DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO QUE ESTÁ ACTUALMENTE NO CENTRO:

Do 25 AO 30 de XUÑO DE 9:00 A 14:00

RECOLLIDA DO SOBRE DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CENTRO:

Do 26 ao 30 de xuño de 9:00 a 14:00

 

PRAZO DE MATRÍCULA: Do día 1 de xullo ata o 10 de xullo en horario de 9:00 a 13:30.

 

-O ALUMNADO DO CENTRO QUE SE VAI MATRICULAR EN 1º OU 2º DE BACHARELATO RECIBIU INSTRUCCIÓNS POR ABALAR ACERCA DA MATRÍCULA.

 

-ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO QUE SE MATRICULE EN 1º DE  BACHARELATO:

 

1 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 4º DE ESO:

 

2 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 3º DE ESO:

 

3 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 1º DE ESO:

 

6 e 7 de xullo de 9:00 a 13:30

 

-ALUMNADO QUE SE MATRICULE EN 2º DE ESO:

 

 8 de xullo de 9:00 a 13:30

 

 

 

 

 

CIRCULAR FIN DE CURSO

 

 

Estimadas familias:

 

Compartimos diversas información acerca do remate de curso.

 

As últimas actividades do curso rematarán o día 19 de xuño, aínda que o día 18 de xuño terá lugar o Festival Fin de Curso polo que se interrumpirán as clases a partir das 12:10.

 

As notas finais publicaranse na plataforma Abalar o día 25 de xuño ás 11:00, en caso que teñan dificultade para entrar na mesma deberán enviar un correo ao centro:ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. Teñan en conta que a plataforma pode estar saturada durante a mañá e pode darse a posibilidade de que teñan que intentar entrar varias veces. Pedimos teñan paciencia.

 

O Consello orientador entregarase en papel cando veñan entregar o sobre de matrícula.

 

Poderán solicitar revisión de exames previamente, por correo electrónico, o día 25 de xuño de 11:00 a 13:00. Ese mesmo día contestarémoslles pola mesma vía e darémoslles unha cita para o día 26 de xuño entre as 10:00 e as 12:00.

 

O PRAZO PARA FACER RECLAMACIÓN SOBRE AS NOTAS FINAIS COMEZARÁ O DÍA 25 XUÑO ÁS 11:00 E REMATARÁ O DÍA 29 DE XUÑO ÁS 11:00

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer