Skip to Content

Blogue de feliperoget

Programacións didácticas curso 23/24

Programacións didácticas das materias asignadas ao departamento de Tecnoloxía dacordo coa LOMLOE. 

 

Rotulación de camisetas

Andamos estes días facendo probas de rotulación sobre textil. Como primeiro exemplo, unha camiseta para o staff do Polo Creativo do IES Virxe do Mar.

 

Brazo robótico

Dúas alumnas de 2º Bacharelato, Sara e María, están realizando a montaxe e programación dun brazo robótico incluído na dotación dos Polos Creativos. Andamos estes días coas primeiras probas. Aínda que vos pareza algo inquedante, non vos preocupedes, de momento é inofensivo.

 

Chapas para o 1º Concurso de Ciberseguridade

Con motivo da Semana Cultural do instituto, o profesor Nacho Rodiño organizou o 1º Concurso de Ciberseguridade do IES Virxe do Mar, para o alumnado de 1º ESO. Para recoñecer aos gañadores e agasallar a todos os participantes deseñáronse estas chapas conmemorativas.

Montaxe dun contador dixital

Xa na recta final do curso, o alumnado de 2º Bacharelato montou este circuíto contador dixital, que está formado por: un chip 555 para producir o sinal de reloxo, un contador binario de 4 bits, un decodificador BCD-7 segmentos, e un display (que non funciona moi ben...). No vídeo pode verse o reconto en binario (mediante unha serie de 4 leds) e a representación en decimal no display, no que lamentablemente falla un dos leds, impedindo a representación completa dos números.

 

 

Lanzamento do noso Cansat

O martes 23 de abril a nosa Lata Espacial fixo un exitoso voo duns 140 metros no aeródromo As Gaivotas, en Cerceda. Primeiro ascendeu con un dron, xunto con outros tres prototipos. Logo duns segundos de espera, abriuse o compartimento de carga e os 4 minisatélites comezaron a caer.

parte_do_equipo

Distribuir contido


by Dr. Radut