ILLAS CÍES

.

O pasado 4 de xuño o alumnado de 1º da ESO acompañados dos seus profesores Santiago Robado, Sandrine Sánchez e Emilio Regueira desprazáronse ata as Illas Cíes. Realizaron un percorrido organizado polo Departameto de Ciencias Naturais. Tiveron a oportunidade de visitar e coñecer un espazo natural único e espectacular  moi pertiño de nós. Tamén aproveitaron a saída para degustar os bocatas saudables que aprenderon a facer neste curso. Un día ben aproveitado.

ROTEIRO SAUDABLE

 

O martes 21 de xuño, nas últimas horas da mañá o equipo de profesores que coordina Olga Amigo acompañou ao alumnado de 1º da ESO nun roteiro ata o Testal. Alí foron agasallados coa espectacular presentación de froita feita por Rosana Mariño. A actividade formou parte do Plan Proxecta, Sabe que alimenta, en relación ao fomento dunha alimentación saudable. Parabéns.

RAFTING POLO RÍO ULLA

 

Mañá de rafting polo río Ulla. Aquí vemos unha fermosa imaxe das moitas que temos desta xornada. Organizada polo Departamento de Educación Física e coordinada polos profesores Alberto Albán e Emilio Regueira. Os rapaces e rapazas son alumnos de 1º de Bacharelato do noso centro acompañados por monitores da empresa organizadora. Unha xornada intensa nas portas do fin de curso.

VIAXE SEGOVIA-TOLEDO

 

 

Aquí temos unha foto das muitas que fixeron este grupo de viaxeiros. A finais de maio, entre o 25 e o sábado 28, un grupo de alumnos de 3º da ESO acompañados polas profesoras Raquel Miragaia e Teresa Varela desprazáronse á Meseta para desenvolver esta viaxe eduacativa. Visitaron o centro de interpretación Valsaín, asistiron a un obradoiro de caligrafía medieval, percorreron rutas de sendeirismo, visitaron as cidades de Segovia e Toledo, incluso con rutas nocturnas polos ambiente templarios e rúas das lendas da cidade. Unha oportunidade única que souberon aproveitar.


 


 

BLANES 2016

 

E

Aquí os temos de volta despois dunha intensa semana de actividades deportivas, académicas e de ocio. Na foto os participantes na actividade deste ano posan cos seus diplomas correspondentes.Os profesores acompañantes foron Eva Núñez, Fernando Vigo e Antón López. Comportamento exquisito o destes rapaces e rapazas. Parabéns.



DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

O alumnado que perdeu o dereito á avaliación continua na materia de MATEMÁTICAS APLICADAS I, realizará o exame o día 21 de xuño ás 8.45 hs. na aula de 1º Bacharelato C.

O Depatamento Didáctico de Matemáticas



Distribuir contido