Skip to Content

Admisión de alumnado 2023/2024

O IES Virxe do Mar informa que a listaxe provisional do alumnado que solicitou praza (foron todos e todas admitidas/os) pode consultarse no taboleiro da Secretaría do IES. A listaxe definitiva será publicada o 15 de maio.

A formalización da matrícula será na última semana de xuño e primeira de xullo. As datas exactas publicaranse na Web durante o mes de xuño.

Musiqueando 2023

O día 27 de abril, o IES Campo de San Alberto e o IES Virxe do Mar xuntáronse para realizar a actividade reivindicativa "Musiqueando 2023". Trátase dunha actividade na que se uniron o IES Campo de San Alberto e o IES Virxe do Mar. Grazas a todos, participantes e asistentes.

Programa Catro Climas: intercambio en Cantabria

O día 1 de abril os 9 alumnos e alumnas participantes no programa CATRO CLIMAS partiron para Laredo (Cantabria), acompañados polo profesor Francisco Sóñora. Ata o día 5 desenvolverán un intenso programa de traballo e intercambio de experiencias co alumnado dos outros centros participantes neste programa.

Intercambio co Lycée Gambetta (Tourcoing, Francia)

 

Entre o 4 e o 8 de febreiro recibimos en Noia a 23 alumnos e alumnas franceses acompañados por tres profesores. Desenvolveron un intenso programa de actividades culturais, académicas e lúdicas. Foi moi emocionante telos entre nós. En maio serán os noso alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato os/as que visiten Tourcoing.

Distribuir contido


by Dr. Radut