Skip to Content

Aula nas ondas: entrevista a Concha Sabucedo

O pasado mércores 24 de abril o noso centro participou nunha nova edición do programa "Aula nas ondas" de Radio Líder Noia.

Os alumnos Alejandro Pedreira, Pablo Villar e Rubén Lago, de 3º ESO, xunto coa súa profesora de Proxecto Competencial, Elena Martínez, entrevistaron a Concha Sabucedo, docente de Xeografía e Historia do noso centro e recentemente xubilada.

Picade na imaxe e poderedes escoitar a entrevista.

 

Arranca a 29ª edición do Certame Literario Romasanta

Cartel Concurso literario Romasanta 2024

[14/04/24]

Un ano máis, arranca o Certame Literario Alberto Romasanta, que coorganizan os equipos de dinamización lingüística do IES Virxe do Mar e o IES Campo de San Alberto, coa colaboración dos do IES Poeta Añón e do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro.

Nesta edición o certame realizarase en vivo cun formato máis novidoso que agardamos que vos sorprenda. Animádevos a participar!

Podedes consultar as bases do certame no documento anexo.

Misión Lata Espacial

O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato está participando no concurso Cansat, organizado pola Axencia Espacial Europea. Leva varios meses dedicando unha sesión semanal ao deseño dun prototipo de satélite do tamaño dunha lata de refresco, que debe superar unha misión nada sinxela. Sigue lendo para saber máis...


Semana Cultural: Deporte

Un grupo de alumnas e alumnos participaron o pasado 12 de abril no campionato provincial de cros celebrado no circuíto "Virxe do Loreto" no concello de Pto. do Son.

Os resultados acadados non poideron ser mellores (ver arquivo adxunto): Primer posto por equipos na categoría de cadete feminino. Medalla de ouro para José Manuel Arufe (cadete masculino). Candela Lago medalla de prata na categoría de cadete feminino. Tercer posto por equipos na categoría de infantil feminino.Pero por riba dos resultados hai que dicir que foi un fermoso día de deporte e unión con todas as rapazas e rapaces dos centros participantes da provincia. Temos que dar tamén a noraboa a toda a organización polo seu traballo e bo trato recibido.

 

Semana Cultural: Teatro

O mércores 10 de abril foi día de teatro no centro. O departamento de Lengua Castellana programou dúas representacións teatrais para o alumnado de ESO e 1º Bach.

As obras representadas foron TEMPESTADES para o alumnado de 4º e 1º Bach e ABADÓN para 1º,2º e 3º de ESO. Ámbalas dúas foron representadas polo actor de recoñecido prestixio internacional RICARDO FRAZER que leva xa 3.500 representacións na súa traxectoria. A súa gran capacidade creativa permitelle interpretar personaxes de tódolos xéneros contaxiando o seu amor polo teatro.

O alumnado e profesorado quedou gratamente satisfeito polos espectáculos e con ganas de máis. As representacións desenvolvéronse no Coliseo Noela, agradecemos o labor do personal técnico do teatro e a colaboración do Concello de Noia.

 

 

21 de marzo: Día da Poesía

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Na Biblioteca fixemos unha selección de títulos de poesía moi variados: poesía galega, poesía castelá, poesía estranxeira traducida, poesía para nenos e nenas, poesía para adultos, poesía clásica, poesía actual...

Pasa pola Biblioteca e bota un ollo, porque "a poesía non morde" e "ninguén morreu de ler poesía"!!

Distribuir contido


by Dr. Radut