Skip to Content

Ciberseguridade no cole!

O pasado mércores, 18 de outubro, dez alumnos de 1º ESO A e B participaron na 3ª edición do concurso Ciberseguridade no cole!

Busca tesouros e atopa libros. Concurso da Biblioteca María Mariño

Para celebrar o Día das Bibliotecas (24 de outubro), a Biblioteca María Mariño do noso IES Virxe do Mar convoca o concurso "Busca tesouros e atopa libros". Celebrarase entreo 24 de outubro e o 17 de novembro.

Catro buscas do tesouro distintas para descubrires datos interesantes sobre personaxes, escritores e escritoras, libros...

Un concurso aberto a toda a comunidade educativa!

Consulta as Bases, mira as Buscas e participa!

Datas e horarios dos exames de pendentes

Preme na imaxe do calendario da dereita  para saber as datas e horarios dos exames de asignaturas pendentes correspondentes as materias de: BIOLOXÍA-XEOLOXÍA- CIENCIAS AMBIENT.-FÍSICA-QUÍMICA- MATEMÁTICAS

Horarios de atención ás familias polo profesorado.


HORARIO TITORAS/ES

Premendo nas imaxes laterais poderán ter información dos horarios de atención ás familias do profesorado das súas fillas e fillos.

HORARIO 
NON TITORAS/ES

Calendario escolar 2023/24

Facendo clic na imaxe poderán ver o calendario escolar 2023/2024 do noso centro.

Premendo nesta ligazón poderán consultar a orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Visita ao CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

Con motivo da Noite Galega das Persoas Investigadoras, celebrada o pasado 29 de setembro, un grupo de rapaces e rapazas das materias Tecnoloxía e Dixitalización de 4º ESO participaron no espectáculo de divulgación "Explorando o futuro inmediato", organizado polo Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño. Durante os 90 minutos de duración puideron disfrutar de experimentos diversos relacionados coa electricidade, a realidade virtual ou a intelixencia artificial.

Distribuir contido


by Dr. Radut