Skip to Content

Ciberseguridade no cole!

O pasado mércores, 18 de outubro, dez alumnos de 1º ESO A e B participaron na 3ª edición do concurso Ciberseguridade no cole!

Trátase dunha actividade organizada por Telefónica e promovida polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal.

O obxectivo do concurso era concienciar os escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais e, ao mesmo tempo, aprender boas prácticas de ciberseguridade cotiá dun xeito ameno e divertido.

A través dun kahoot, os dous grupos participantes tiveron que responder a preguntas como que é a IP dun ordenador ou en canto tempo se pode adiviñar o contrasinal de alguén para acceder sen permiso á súa información.

A sorte non estivo da nosa parte e, ademais duns pequenos inconvenientes técnicos ao comezo do concurso, temos que engadir a dificultade dalgunhas preguntas.

Seguro que para a próxima edición iremos mellor preparados.



blog | by Dr. Radut