Skip to Content

Visita ao CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

Con motivo da Noite Galega das Persoas Investigadoras, celebrada o pasado 29 de setembro, un grupo de rapaces e rapazas das materias Tecnoloxía e Dixitalización de 4º ESO participaron no espectáculo de divulgación "Explorando o futuro inmediato", organizado polo Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño. Durante os 90 minutos de duración puideron disfrutar de experimentos diversos relacionados coa electricidade, a realidade virtual ou a intelixencia artificial.



blog | by Dr. Radut