Skip to Content

Visita a Sta. María a Nova

 

Como xa vai sendo tradición no noso instituto o alumnado de Historia da Arte acompañado pola súa profesora iniciou o curso visitando o templo de Sta. María a Nova.
Fundado no ano 1327 polo arcebispo compostelano Berenguel de Landoira é unha das máis importantes representacións do gótico mariñeiro en Galicia. Nel tamén se atopa unha exposición única de laudas sepulcrais ou laudas gremiais que datan dende épocas medievais ata a Idade Moderna. Noraboa á profesora Concha Sabucedo por esta iniciativa.



book | by Dr. Radut