Skip to Content

O ALUMNADO DE PROXECTO COMPETENCIAL DO IES VIRXE DO MAR COÑECE O MERCADO DE PROXIMIDADE DA VILA DE NOIA

Este xoves, 23 de novembro, o alumnado de 4ºESO A coñeceu de primeira man o mercado de proximidade que hai na nosa vila. Esta actividade forma parte dun proxecto que se desenvolverá ao longo deste curso e que ten como obxectivo principal “repensar o modelo de vila que temos e queremos”.

 

 

Inspirados nas ideas da activista Jane Jacobs, que defendía un modelo de construción de cidades centrado nas persoas que viven nelas e que apostaba polo coñecemento dos barrios e da súa veciñanza, iniciamos o primeiro chanzo deste proxecto investigando sobre a venda de produtos de proximidade.

Falamos coas mulleres que venden arredor e dentro da praza de abastos, do que cultivan, do seu día a día e dos problemas derivados da súa actividade. E, por suposto, tamén reavivamos o comercio local cunha modesta compra. Moi pronto, poderedes escoitar as entrevistas que realizamos e as nosas conclusións en Radio Tapal.



blog | by Dr. Radut