Skip to Content

Blog_ACE

Blog de Actividades Complementarias e Extraescolares

SEMANA CULTURAL: Homenaxe a Francisco Fernández del Riego

Serafín Marcos fixo unha homenaxe ao autor ao que se dedica este ano o día das Letras Galegas.

SEMANA CULTURAL : Obradoiro de costura "zero waste"

 A profesora Gloria Rivas desenvolveu este obradoiro para alumnado de 1º de bacharelato o día 12 de abril.

 

SEMANA CULTURAL: Obradoiro de impresión en 3D

O día 12 de abril, o profesor Felipe Roget dirixeu o obradoiro de impresión en 3D para alumnado interesado nesta actividade. Fixeron o deseño e impresión de diferentes obxectos.

SEMANA CULTURAL: Percorrido botánico polas beiras do Río Traba

O día 11 de abril o alumnado de 1º ESO estudou a vexetación propia das beiras do Río Traba, dirixidos polo seu profesor de Ciencias Naturais.

SEMANA CULTURAL: Exposición "Hidróxeno verde. Fontes de enerxía. Recursos minerais de Galicia"

Esta exposición foi elaborada pola profesora de Física-Química e o alumnado de 1º de bacharelato e permanecerá exposta no edificio noble durante toda a semana.

Programa Catro Climas: intercambio en Cantabria

O día 1 de abril os 9 alumnos e alumnas participantes no programa CATRO CLIMAS partiron para Laredo (Cantabria), acompañados polo profesor Francisco Sóñora. Ata o día 5 desenvolverán un intenso programa de traballo e intercambio de experiencias co alumnado dos outros centros participantes neste programa.

Distribuir contido


by Dr. Radut