Coa nosa voz. Un proxecto audiovisual de alumnado de 2º ESO
Din que a poesía é para as minorías, mais esta é unha idea que non compartimos no IES Xulián Magariños. A poesía é a voz das emocións, polo tanto, este xénero literario é para todas e todos nós.
E isto é algo que saben ben no Agrupamento Específico de 2º ESO, sobre todo tras o proxecto audiovisual que realizaron na materia de Lingua e literatura galega, baixo a coordinación de María Blanco Crespo. Ao longo deste trimestre, escolleron un texto poético galego e crearon, a partir del, unha pequena peza audiovisual para a que gravaron a súa voz durante o recitado, escolleron imaxes de acordo co seu contido, e acompañaron cunha música tamén escollida persoalmente.
Aquí vos deixamos o enlace para que poidades ver o seu traballo e queremos aproveitar para animarvos a que leades poesía. E se é galega, aínda mellor!