Comunicados
Aquí podedes consultar o calendario completo de final de curso, para todos os niveis de ensinanza impartidos no centro
Achégase o calendario de avaliacións e entrega de cualificacións para 2º de bacharelato.
Xa está plenamente operativo nesta web o Punto Laranxa Virtual contra o acoso escolar.
Non quedes calad@. Escoitámoste!
Loitemos xuntos contra o acoso e ciberacoso!
Se ves ou coñeces algún caso de algún compañeiro ou compañeira que está sufrindo podes enviar a túa mensaxe, de xeito anónimo, para que poidamos actuar inmediatamente.
Estrenamos nova iluminación no pavillón polideportivo do IES Xulián Magariños. Luminarias LED de alta eficiencia que nos aportan mais luminosidade e un importante aforro enerxético. Esta actuación forma parte do noso plan de mellora da eficiencia enerxética.
#aforraenerxia
Dadas as constantes deficiencias detectadas no servizo de transporte escolar poñemos á vosa disposición un formulario para que comuniquedes as incidencias e poder facer a denuncia e seguimento das mesmas.
Xúntase o calendario de inicio de curso 2023-2024. Prema na imaxe para descargar arquivo orixinal.
Mañá venres 8 pola tarde haberá unha reunión informativa para as familias do alumnado de 1º ESO. Poden ver o horario no cadro inferior.
As clases comezarán o luns 11, as 8:45 para todo o alumnado excepto o de bacharelato e 1º de ciclos formativos que empezará as 9:35.
Publicamos as listaxes de alumnado por grupos. Por protección de datos só se proporcionan as iniciais de nome e apelidos.
VER LISTAXE (PDF)
Listaxe de libros de texto e material escolar
NOTA: Atopouse un erro no ISBN do libro de exercicios de Francés de 1º ESO. O ISBN correcto é 9788490494493.
NOTA 2: O ISBN do caderno de traballo de Lingua Castelá de 1º ESO é 9788468290171
A TER EN CONTA
- Somos centro EDIXGAL. Durante o curso 23-24 o proxecto EDIXGAL inclúe os niveis 1º, 2º e 3º ESO, nos que o alumnado recibirá un ordenador portátil e material educativo dixital para alomenos 6 materias.
- Este curso 23-24 entran en vigor os novos currículos nos cursos pares, polo que varios dos libros de texto cambian para adaptarse.
- O centro ten existencias de libros de 3º de ESO dalgunhas materias NON Edixgal (FQ, XH, MAT, FQ) sobre os que se intentará arbitrar un sistema de reparto equitativo, polo que recomendamos non apresurarse na súa adquisición.
-Para 4º ESO o sistema de reparto será o tradicional do Fondo Solidario de Libros
Acaba de sair publicada a Orde de modificación do calendario escolar, que conleva cambios nas datas de avaliación.
«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.
3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.
A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final».
Reunida a Xunta electoral constituída o pasado día 2 de novembro e formada por :
- D. José Luis Mateos Santiago (director do centro)
- Dª Rosa Negreira Outeiro (representante dos pais/nais)
- D. Alfredo Iglesias Diéguez (representante do profesorado)
- Dª. Silvia Pazos Leis (representante do Persoal non docente)
- D. Adrián Villar Castelo (representante do alumado)
acordou o calendario electoral seguinte
10 de novembro | publicación das convocatorias de eleccións nos sectores de profesorado/ pais, nais e titores legais / alumnado e publicación dos censos. O prazo de reclamacións ao censo remata o día 17 ás 14:00 horas |
Días 11 a 18 de novembro | presentación de candidaturas (seguindo as instrucións que figuran na correspondente convocatoria electoral). Poden descargar o impreso de presentación de candidatura correspondente que achegamos nos anexos e presentalo en secretaría o envialo por correo electrónico ao centro. |
Días 22 a 25 de novembro | prazo para a campaña electoral |
Día 29 de novembro | Votacións (ver os diferentes horarios na correspondente convocatoria electoral) |
EN CONSECUENCIA INFÓRMASE QUE:
1. Xa están dispoñibles para a súa consulta, no taboleiro de anuncios do centro, as convocatorias de eleccións para renovación dos diferentes sectores do Consello Escolar. Tamén poden consultarse o censos correspondentes.
2.O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 18 de novembro ás 14:00 horas.
3. Neste proceso electoral compre elixir : 2 representantes do profesorado, 2 representantes do alumnado e 2 representantes dos pais, nais e titores legais.
A Dirección
DOCUMENTOS PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A CONSELLO ESCOLAR
- documento presentación candidatura para sector profesorado
- documento de candidatura a sector alumnado
- documento de candidatura a sector pais/nais/titores legais