Publicada a oferta de Ciclos de Formación Profesional en Galicia e as normas do proceso de admisión
Publicada a oferta de ciclos de Formación Profesional en Galicia e prazas dispoñibles para admisión.
Lembra que aquí no IES Xulián Magariños ofertamos un Ciclo Básico de Comercio e na familia de Informática e Comunicacións o ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes e o Ciclo Superior de Administración de sistemas informáticos en rede cunha gran demanda de profesionais.
Se te queres matricular en 1º curso dos nosos ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior ten en conta estes prazos, xa que tes que pasar un proceso de admisión. A presentación de solicitudes de admisión irá do 23 de xuño ao 5 de xullo as 13:00 horas!
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN EN https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37232
Adxunto | Tamaño |
---|---|
286999996_5181120371968512_2805159594303762859_n.jpg | 33.16 KB |