Últimas novas
Pode consultar a continuación os impresos de solicitude de matrícula para o curso 2016-2017. Estes exemplares publicados na web do instituto ofrécense a efectos informativos únicamente. Neles pode consultarse a oferta de materias existente, se ben a impartición de algunha delas está condicionada a que haxa un mínimo de alumnado e ás posibilidades organizativas do centro.
ESO
- Impreso de matrícula para 1º ESO
- Impreso de matrícula para 2º ESO
- Impreso de matrícula para 3º ESO
- Impreso de matrícula para 4º ESO (Ensinanzas académicas)
- Impreso de matrícula para 4º ESO (Ensinanzas aplicadas)
BACHARELATO
Os modelos para formalizar a matrícula recóllense na conserxería. Neles van incluídas as instrucións e documentos a presentar. Unha vez cumprimentados entréganse en administración.
VER COMUNICACIÓN OFICIAL EN FORMATO PDF
Calendario por cursos para a formalización da matrícula
NORMATIVA APLICABLE
- Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión . Corrección de erros no DOG do 24 de abril (ver corrección de erros)
Información importante sobre a solicitude de matrícula en ESO e Bacharelato para o curso 2016-2017
O alumnado que desexe matricularse en ESO ou en Bacharelato neste instituto NON necesita facer a preinscripción ao haber prazas suficientes.
O prazo de matrícula será do 25 de xuño ao 11 de xullo (por ser o día 10 inhábil).
O calendario por cursos publicarase nesta mesma páxina.
NORMATIVA APLICABLE
- Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión . Corrección de erros no DOG do 24 de abril (ver corrección de erros)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016. Pódense conceder ata 20 premios dotados con 1000 € e os/as premiados/as poderán estar exentos de pagar a matrícula do primeiro curso de estudos superiores nun centro público.
O prazo de presentación será de un mes contado a partir do día 3 de maio de 2016, correspondendo aos/as interesadas a súa cumprimentación e presentación. Toda a información está dispoñible na Orde de convocatoria do 11 de abril (DOG do 26).
NORMATIVA